//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia pechou o primeiro semestre cun déficit do 0,59%, un dato por debaixo da media autonómica, que foi do 0,63%, segundo recollen os últimos datos do Ministerio de Facenda, correspondentes ao mes de xuño. A nosa comunidade rexistrou en xuño un déficit de 387 millóns de euros, mentres que o déficit rexistrado polo conxunto das administracións autonómicas situouse en 7.938 millóns. Todas as comunidades autónomas de réxime común rexistraron déficit ao peche do primerio semestre, e Galicia é a sexta comunidade con menor déficit contable. Neste dato repercuten negativamente medidas adoptadas polo Goberno central que afectan directamente ás finanzas autonómicas.
Galicia e Polonia acordaron estreitar lazos de colaboración para converter este país nun destino prioritario de investidores galegos, nunha xuntanza do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo coa ministra de Ciencia e Tecnoloxía polaca, Jadwiga Emilewicz. Polonia foi o ano pasado o oitavo destino mundial para os produtos galegos, con exportacións que aumentaron un 13% en 2018. Tanto a industria galega como a Xunta estamos poñendo todos os nosos esforzos en potenciar a innovación; é dicir, a colaboración entre empresas, os 28 centros tecnolóxicos galegos e as tres universidades, precisou Feijoo, aseverando que o obxectivo é establecer unha ponte entre os resultados da investigación científico-tecnolóxica e a industria que se traduza en novos produtos e servizos para o mercado.
Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así, rexistrou no mes de agosto unha baixada do paro do -6,45% fronte ao -3,65% de España, é dicir, preto de tres puntos mellor. En Galicia, polo tanto, hai 10.604 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década e próximos aos de antes do inicio da crise. Con respecto á evolución anual das afiliacións, con 1.036.900 de cotizantes, a Comunidade leva seis meses consecutivos por riba do millón e suma, no último ano, un total de 16.513 afiliados (+1,62%), o que supón unha media de 45 ao día.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron hoxe un informe encargado á Asesoría Xurídica da Xunta, para aclarar se o Goberno central, pese a estar en funcións, ten que cumprir coas súas obrigas co financiamento autonómico e facer efectivas ás entregas a conta deste ano. Alfonso Rueda avanzou que a conclusión do informe dos avogados da Xunta é clara e sinala que o sistema de financiamento autonómico debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que estea ou non en funcións.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 2% en taxa interanual no segundo trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 12.400 novos empregos asalariados a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico hoxe mostran que o PIB galego rexistrou no segundo trimestre un crecemento do 2% sobre o mesmo período de 2018, de xeito que acumula 23 trimestres consecutivos con taxas positivas. O crecemento trimestral sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, polo que a economía galega acumula 26 trimestres consecutivos con taxas positivas.
A Comunidade Autónoma de Galicia solicita que o Ministerio de Facenda convoque de xeito urxente e inmediato o Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), para solucionar os impagos que mantén o Goberno central coas administracións autonómicas, e que no caso de Galicia ascenden este ano a 700 millóns de euros. Galicia xa trasladou hai máis dun ano esta problemática á ministra de Facenda, e o Parlamento de Galicia cun amplo consenso e ningún voto en contra aprobou en xullo unha iniciativa para instar ao Goberno central a transferir estes recursos a Galicia.
132 empresas vanse beneficiar do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0. Este programa, cofinanciado entre o Igape e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comprenderá un investimento de preto de 2,30 millóns de euros. Estas axudas servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo primordial destas axudas é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.
Estas accións enmárcanse na aposta que a Xunta está realizando pola dixitalización empresarial a través do desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, á que destinará 350 millóns de euros ata 2022 co obxectivo de anticiparse aos cambios do novo modelo, aumentar o tamaño das empresas, favorecer a aposta polo talento dixital e contribuír á reinvención do tecido industrial galego e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico. Deste xeito, seguirase afondando no impulso á xeración dun novo tecido empresarial competitivo na economía global e conectada, facilitando ademais a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns de euros nos próximos catro anos.
Estas achegas teñen como finalidade desenvolver proxectos que dinamicen o rural galego, ben sexa a través de iniciativas de natureza produtiva, é dicir, que supoñan a realización dunha actividade económica, ou de carácter non produtivo, que sexan de interese público, social ou colectivo. Poden ser beneficiarios destas achegas calquera persoa ou entidade que solicitara dita subvención a través dun dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural que hai no territorio galego. Esta ampliación de crédito faise para poder dar resposta a un maior número de solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos establecidos pola orde.
Profesionais 4.0 é un programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O DOG publica hoxe a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP). A través desta liña de axudas dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.
O presidente da Xunta en funcións concreta a posibilidade de que unha delegación de armadores brasileiros visite os estaleiros galegos: Unha visita para coñecer in situ as capacidades dos estaleiros galegos e as posibilidades de coordinar distintos encargos, distintas posibilidades contractuais entre estaleiros de Brasil e os estaleiros de Galicia.
O presidente da Xunta en funcións, logo da xuntanza co gobernador do Estado de Río de Janeiro (Brasil), informou de que esta posibilidade é unha boa porta para a reactivación do sector naval galego para que siga a ser un motor de inversión e emprego. Petrobras é a décima petroleira máis importante do mundo, polo que Brasil preséntase como unha oportunidade para Galicia.
Segue sendo necesario loitar por cambiar esta política letal para a maioría social e nesa loita está a folga xeral do 14 de novembro, dixo o portavoz nacional que transmitiu a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras do xornal El País.
A Xunta valora o paso adiante da UE para que Galicia siga recibindo axudas comunitarias máis alá de 2014. A Presidencia chipriota refrendou a demanda galega de manter unha axuda transitoria para as rexións que abandonan o Obxectivo Converxencia.
Galicia defende a importancia da dimensión rexional no deseño das futuras redes transeuropeas do transporte nunha reunión en Valencia da Comisión COTER do Comité das Rexións Europeo (CdR) xunto con representantes da Comisión Europea e da Presidencia Chipriota do Consello.
O presidente da Xunta asegura que Galicia atende as súas facturas no entorno dos 45 días e que o pagamento a provedores foi un constante obxectivo durante toda a lexislatura, e que priorizou aos autónomos, PEMES e entidades sociais.
Sostén que coa creación da Axencia hai un triplo exercicio por parte da administración pública: un exercicio de austeridade e de simplificación administrativa; un exercicio de especialización; e un exercicio de coordinación.
O consello da Xunta autorizou un acordo mediante o cal, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, e o Ministerio de Economía e Competitividade colaborarán na posta en marcha de actuacións estratéxicas no eido da I+D+i.
O titular da Xunta resalta que Galicia leva executado, xa, o 72% do total do seu Programa de endebedamento autorizado polo Ministerio de Facenda do Goberno central; 30 puntos máis que a media das comunidades.
O conselleiro de Economía e Industria salienta no Salón Internacional do Automóbil de Hannover que os novos modelos Partner Galicia e Berlingo Galicia, fabricados en Citroën de Vigo, supoñen un fito na promoción económica e turística internacional da comunidade.