//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
O CGAI celebra o seu XX aniversario coa estrea de Todos vós sodes capitán, película galega galardoada en Cannes de Oliver Laxe, e a proxección de imaxes inéditas de Galicia do NO-DO. Inaugurouse en 1991 para recuperar, catalogar e difundir o patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
Galicia Importa 2011 ten programados en abril e maio os concertos de Pete Doherty, Jay Jay Johanson e Matthew Stephen Ward nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, respectivamente.
Carne de canón, Paraísos, Señora Carmen e Como eliminar as manchas de vómito emítense ata o día 25 na Radio Galega para ser votadas polos oíntes. A gala de entrega dos premios da audiencia celebrarase o 3 de maio no Salón Teatro de Compostela.
O cinema da Segunda República sométese a análise no XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine que se celebra na Facultade de Ciencias da Comunicación e que premia o labor do productor Enrique Cerezo e do actor Germán Cobo.
O catedrático de Literatura Francisco Rodríguez, destaca a figura de Rosalía de Castro como unha persoa de gran cultura que tentou vivir da literatura, antepoñéndoa á maternidade.
O Salón Teatro de Compostela ofrece unha función da versión de Os vellos non deben de namorarse recuperada por Teatro do Morcego o venres, 11 de marzo, ás 20:30 h. A obra regresa aos escearios galegos dez anos despois da súa estrea. Esta farsa en tres lances conta a historia de amor de tres vellos.
A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras: Prosa galega. Trátase dun traballo emblemático do que foi o primeiro catedrático de galego.
Nas probas participaron 90 candidatos e candidatas das máis de 200 solicitudes recibidas. O tribunal estivo presidido por Quico Cadaval, director escénico da nova produción da compañía pública.
A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral.
Ata o 31 de marzo a Casa de Galicia en Madrid amosa a obra do escultor Santiago de Santiago titulada Panorámica no tempo: unha escolma da súa dilatada traxectoria artística a través dunhas 30 pezas de variados temas como os bustos da Raíña Sofía e Don Juan.