
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine, que se inaugurou baixo a presidencia do reitor da USC, Juan Casares e coa presenza do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o presidente da AEHC, Julio Pérez Perucha; a responsable do comité organización, Margarita Ledo e a vicedecana de Ciencias da Comunicación, Marta Pérez Pereiro.
As xornadas analizan o cine español na II República dende diversas perspectivas. O programa deste venres inclúe tres sesións científicas, outras tantas presentacións, unha conferencia, a exhibición de materiais cinematográficos republicanos, ademais da entrega das medallas de honra correspondentes á convocatoria do ano 2009. A Asociación Española de Historiadores do Cine recoñece, mediante a concesións deste recoñecemento o traballo de catro profesionais. Concretamente, na xornada deste venres 11 farase entregas das medallas ao produtor Enrique Cerezo e ao actor Germán Cobos, na Facultade de Ciencias da Comunicación, a partir das 20:00 horas. Pola súa banda, o sábado 12 o director Gonzalo Suárez e o realizador Lorenzo Soler recibirán o seu galardón nun acto que terá lugar na Cidade da Cultura dende as 18:00 horas.
A sesión do venres 11 comeza ás 9:30 horas cunha sesión científica na que se analizará dende a publicidade nas salas de cine dos anos 30 ata a prensa cinematográfica da II República. Así mesmo, a catedrática da USC Margarita Ledo impartirá unha conferencia sobre Hipóteses con ás: estudos sobre Galicia de Carlos Velo, faranse varias presentacións e haberá outras dúas mesas científicas. A xornada concluirá cunha exhibición de materiais republicanos a partir das 21:30 horas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.