
A Fundación TIC grava o venres 4 de marzo o vídeo musical La búsqueda do grupo pop-rock de Ribadeo, Escala Dinker. A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do mundo audiovisual. O obxectivo desta clase in situ é completar a súa formación práctica e favorecer a súa inserción no mercado laboral.
Ademais, con esta iniciativa, a Fundación contribúe á promoción de novos artistas da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos, como é o caso de Escala Drinker.
O vídeo musical de La búsqueda terá tres escenarios: o edificio do antigo hospital psiquiátrico de Castro de Rei, onde se gravará pola mañá, e as instalacións da EIS e o parque Rosalía de Castro, pola tarde.
Outras colaboracións
A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical Torres de Compostela da eurovisiva Lucía Pérez.
Ademais participou nas rodaxes do documental Hitler, Garbo... e Araceli, do director Xosé de Cora, na curta Triste soledad de un violinista do sarriano Roberto Lolo e da longametraxe Os mortos van á presa, de Ángel de la Cruz.
Tamén se estimula a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou preto de 40 convenios de colaboración con entidades de Lugo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.