
O recoñecido escultor Santiago de Santiago presentou esta tarde na Casa de Galicia de Madrid a exposición "Panorámica no tempo", unha mostra da súa dilatada traxectoria artÃstica composta por máis dunha trintena de pezas en bronce, pedra volcánica e fibra de vidro sobre temas variados e entre as que se achan un busto da RaÃña Dona SofÃa e outro de Don Juan de Borbón. A exposición ocupa dúas das salas da Casa e pode verse ata o próximo dÃa 31.
O artista tivo palabras de agradecemento para os presentes e deixou claro que "os meus discursos os deixo gravados nas pedras". Estivo acompañado no acto polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e anfitrión do acto, José Ramón Ónega, e a profesora e xornalista Olga Pérez Arroyo, encargada de presentar o artista. Entre os numerosos asistentes que se achaban na inauguración da exposición estaban o embaixador de Xapón, Fumiaki Takahashi, o primeiro secretario do Departamento Cultural da Embaixada de China, Luo Jum, o presidente do Grupo Delvesa, Armando Veiga, o dirixente da Orde da Vieira Carlos de Blas e o xornalista ElÃas RodrÃguez. Con antelación á inauguración a exposición foi visitada polo ex presidente de Galicia e senador Manuel Fraga.
Ónega mantivo que, "sen esaxerar, Santiago de Santiago é un xenio da arte" e gabou o seu "traballo titánico, inmenso" e a súa obra "inspirada, pletórica de paixón e sentimento, que parece que che posúe a creación do mundo, a perfección estética ao contemplala; conquÃstache a paz, namórante os corpos nus, a súa dinámica, a poesÃa que encerran". Para o delegado da Xunta en Madrid, De Santiago "crea un mundo de beleza suprema", "de formas exquisitas".
Explicou que De Santiago ten obras de tamaño moi diverso, moitas delas de volumes moi grandes que non tiñan cabida nas instalacións da Casa, onde se trouxeron sobre todo obras de tamaño medio e tamén pequenas, asà como que a realización desta exposición foi inspiración de Carlos de Blas.
Olga Pérez Arroyo valorou que De Santiago "é quizais o escultor máis importante do noso paÃs nos dous últimos séculos, xunto con Benlliure, recordou que existe obra súa nos museos máis importantes do mundo asà como ao aire libre en numerosos paÃses, entre eles Xapón, China e España, algunhas delas en Galicia, e opinou que é o único que traballa na actualidade da forma na que o fai el, "sacando o nu, puntito a puntito, da pedra,". Falou asà mesmo á súa magnitude humana, difiniéndole como "home tÃmido, cabal, serio, que puido conquistar o mundo pola súa forma de ser e de estar" e que "todos os dÃas se levanta e xoga a facer esculturas".
Fixo referencia ademais a outra das súas facetas: as súas poesÃas, algunhas das cales acompañan ás súas obras no catálogo da exposición. Pérez Arroyo tamén deixou escrito no catálogo que "Santiago de Santiago é sentimento, é poesÃa e Deus o puxo as súas mans para recrear a beleza que Él nos deu" e "é o escultor vivo máis completo e coherente que existe no mundo".
Vinculación con Galicia
Santiago de Santiago, natural de Ãvila e residente en Madrid, sempre demostrou especial predilección por Galicia. Dende hai varios anos vén colaborando con colectivos galegos en Madrid. No ano 1981 deseñou, de forma altruÃsta, o trofeo "Lembranza e Amistade", realizado en bronce para o concurso internacional Vieira de Humor; importantes humoristas de Galicia recibiron este trofeo e todo iso quedou recollido no libro "Galicia e a Cultura do Humor", prologado polo xornalista Fernando Ónega.
En 1982 foi recibido como Ilustre Cabaleiro da Enxebre Orde dá Vieira, polo seu prestixio e desinterasada colaboración. Cando se inaugurou a Casa de Galicia en Madrid, para prestigiar a súa sala de exposicións, unha das pioneiras foi a obra deste escultor.
En 1977 realizou o Monumento Bimilenario Cidade de Lugo, situado nesa localidade, e en 1999 realizou o Monumento ao Cabaleiro Templario Peregrino, que se sitúa na entrada a Santiago polo Camiño Francés, nas proximidades do Pazo de Congresos.
Entre as numerosas distincións que recibiu, que están no museo privado do escultor, hai unha vieira de prata sobre pedestal outorgada pola Televisión de Galicia.
Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do PolÃgono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os dÃas 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artÃsticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de DÃa, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de MarÃa da Pontragha.