Buscador
Noticias
O 8 de setembro, en Outeiro de Rei - Penas de Rodas, Cemiterio e Campa de Santa Sabela - , desde 2005, celébrase a "Memoria da Chaira enteira" na lembranza de Manuel María, no cabodano do seu pasamento, organizada pola Asociación Xermolos, de Guitiriz e a Irmandade Manuel María.
Os actos comezarán ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra, para seguir ás 17,00 cun recital nas Penas de Rodas, a cargo de voces amigas do Manuel que len anacos da súa poesía ou creacións propias na súa lembranza.
O festival conta con diversas localizacións espalladas por toda a vila: os Xardíns de Umbrío, o Parque do Cabo, a Igrexa da Pastoriza, a Praza do Parque, o Auditorio do Terrón e a área biosaudable do Terrón. Neles desenvolverase un programa multidisciplinar aberto a públicos de todas as idades, con atardeceres musicais, masterclasses, conferencias, concertos, exposicións, proxeccións, mercado, entre outras. O cartel artístico está confirmado por destacadas figuras do blues como Shirley Davis & The Silverbacks, The Blues Moonshiners, Los Deltonos, The Pontiaks, Adrian Costa, Mad Martin, Nico Wayne Toussaint, Víctor Fábregas, TT Syndicate, Joe Do & The Blues Preachers e Gisele Jackson.
O Encontro de Artistas Novos ofrece tamén a posibilidade aos novos talentos participantes de propoñer unha intervención artística non convencional para ser exhibida na Cidade da Cultura. Como novidade, esta convocatoria que normalmente se restrinxía ás Torres Hejduk do Gaiás ábrese a novos espazos e propostas creativas, que inclúen as zonas verdes e espazos exteriores ao carón do Museo Gaiás. O programa do EAN15 inclúe cinco relatorios de destacados creadores do panorama nacional como a artista plástica Ana de Alvear (Madrid, 1962), encargada da conferencia inaugural do encontro.
O novo curso escolar 2025/2026 arrancará dentro de dúas semanas, o vindeiro 8 de setembro, con todo listo logo de meses de preparación, nun contexto de caída da natalidade, pois a Comunidade contará este curso cun total de 302.843 alumnos, o que supón 4.255 menos que hai un ano e case 20.000 menos que hai unha década nas diversas etapas desde Infantil ata Bacharelato. Por niveis, a maior diminución prodúcese en Educación Primaria, con 2.411 alumnos menos; seguida da ESO, con 1.284 menos, e Infantil con 1.019 menos. As excepcións a esta caída son o Bacharelato, cunha suba de 459 estudantes, e Educación Especial, sen cambios.
A Cidade da Cultura de Galicia converterase o sábado 30 de agosto nun gran club ao aire libre coa chegada do Wake Up! no Gaiás no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. Será unha maratón de música electrónica que se prolongará desde as 16.00 ata as 06.00 horas da mañá. O DJ brasileiro Mochakk, unha das figuras máis explosivas da escena internacional do xénero, converterase no protagonista e completan o cartel da Wake Up! no Gaiás as artistas Silvie Loto, Francisco Allendes, Cristina Lazic, Caste B2B Selles e MVRK.
A Fundación Artesanía de Galicia organiza por quinto ano consecutivo o encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra co obxectivo de divulgar os oficios tradicionais, impulsar a comercialización do produto artesán galego e consolidar a marca Artesanía de Galicia. O evento celébrase no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras, no concello de Sober. A edición deste ano conta coa participación de 19 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en oficios como a olería tradicional, a xoiería, a cerámica, os xoguetes, a bixutería, o manipulado de papel ou os complementos de moda. Os obradoiros da Ribeira Sacra que asisten como expositores son a Alfarería Elías de Gundivós (Sober), Enxógate (Quiroga) e Mimacuir (Castelo, Taboada). Os demais proceden do resto de Galicia.
As dúas obras vencedoras na última convocatoria do Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, nas súas modalidades para público infantil e adulto, acaban de ver a luz na colección que a Xunta de Galicia mantén con Baía Edicións para incorporar ao sistema literario galego os textos recoñecidos con este galardón da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Manchea, co que Andrea Freire se alzou co devandito premio na categoría de monicreques para a rapazada, e O Faro, polo que Carlos Labraña gañou na modalidade para adultos, están xa dispoñibles tanto na Libraría Institucional da Xunta como en puntos físicos de venda.
Foi presentado o Festival de Arte Rupestre de Campo Lameiro 'Laeros0 organizado polo Concello de Campo Lameiro en colaboración co Parque Arqueolóxico do Arte Rupestre (PAAR) coa intención de fomentar unha actividade turística diversificada polo territorio e un destino diferenciado e auténtico. Na súa cuarta edición, esta cita organízase arredor do tradicional xantar rupestre, preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente, onde se poderá degustar un asado de costelar en grupos de 10 ou 20 persoas. O programa complétase con obradoiros e mostras en vivo de fundición e metalurxia, agricultura e cociña na Idade de Bronce.
Este venres 21 de agosto despídese a décimo quinta edición de Atardecer no Gaiás cunha dobre actuación protagonizada por Futurachicapop e o DJ Kike Varela. O ciclo de concertos gratuítos ao aire libre programou un total de 11 concertos este verán na Cidade da Cultura, con propostas musicais diversas de 16 artistas e grupos chegados de Galicia, Portugal, Chile, Málaga, Madrid e Berlín. A partir das 21,00 horas na Praza central do Gaiás, Futurachicapop despregará o seu electropop para marcar os ritmos de baile do último Atardecer no Gaiás. Sintetizadores, melodrama e humor caracterizan unha das voces máis orixinais do pop actual en español. Será un concerto para explorar as múltiples caras do amor e do desexo a través de himnos contaxiosos e confesionais como Yo lo quiero todo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe para dar conta do avance na configuración das axudas que se aprobarán a semana que vén para facer fronte aos danos provocados polos lumes forestais, especialmente na provincia de Ourense. Nesta liña, o titular do Executivo galego sinalou que en canto estean controlados os lumes, tocará cuantificar os danos para de inmediato resarcir aos damnificados para que recuperen todo o que perderon. Por iso, desde a Goberno galego convocarase un Consello extraordinario en Ourense para aprobar a configuración das axudas e solicitarase ao resto de Administracións, tanto locais como estatal, que se involucren na recuperación dos danos.