
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na presentación do Festival de Arte Rupestre de Campo Lameiro Laeros organizado polo Concello de Campo Lameiro en colaboración co Parque Arqueolóxico do Arte Rupestre (PAAR) coa intención de fomentar unha actividade turística diversificada polo territorio e un destino diferenciado e auténtico.
Como explicou durante o acto, na súa cuarta edición, esta cita organízase arredor do tradicional xantar rupestre, preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente, onde se poderá degustar un asado de costelar en grupos de 10 ou 20 persoas. O programa complétase con obradoiros e mostras en vivo de fundición e metalurxia, agricultura e cociña na Idade de Bronce, así como actividades de recreación da vida cotiá, percorridos polo Parque, actuacións musicais e un concurso no que as persoas participantes deberán retratar unha escena da época.
O director de Turismo de Galicia destacou a relevancia de iniciativas como Laeros para poñer en valor o potencial turístico do patrimonio arqueolóxico de Galicia, que, como indicou ten no Parque de Campo Lameiro un dos principais expoñentes da arte rupestre da comunidade. Xosé Merelles afondou no apoio que se fai desde Turismo de Galicia a aquelas actividades que redundan nunha oferta turística auténtica, na busca de experiencias únicas que aproveiten o patrimonio singular de Galicia, como o que se celebrará esta fin de semana no Parque.
Un destino cada vez máis internacional
Indicou, neste sentido, que iniciativas como esta contribuirán a seguir fortalecendo a provincia de Pontevedra como destino cada vez máis escollido polos visitantes a Galicia. Referiuse, en concreto, ao importante incremento no número de visitantes a esta provincia durante o primeiro semestre do ano, con máis de 700.000 persoas, o que supón un incremento do 4,1 %. O crecemento no número de turistas viu marcado polo auxe de visitantes internacionais, que se incrementaron nun 14,7 % entre xaneiro e xuño, ata as preto de 270.000 persoas, engadiu o director de Turismo de Galicia.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.