
O primeiro dos títulos, que fai o número 20 da colección Barriga Verde, publícase acompañado das ilustracións de Lola Villar Pérez. Manchea desmonta moitos dos tópicos arredor dos contos tradicionais de princesas, cabaleiros e dragóns a través dunha historia en verso, pero tamén en prosa, que aborda os estereotipos, a autoafirmación, a discriminación e a inclusión. Nunha disparatada aventura, os seus personaxes percorren o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas.
Pola súa banda, O Faro incide na potencialidade da linguaxe dos monicreques para tratar temáticas duras e de alcance universal. Neste caso, Carlos Labraña recupera a figura de Anselmo Vilar, o fareiro galego de Torre del Mar (Málaga), que mantivo as luces apagadas para axudar as miles de persoas que fuxían durante A Desbandá, un dos episodios máis terribles e esquecidos da guerra civil.
Esta coedición con Baía enmárcase na colaboración que a Xunta mantén con diferentes editoriais para a publicación dos premios de literatura dramática que convoca bienalmente co fin de incentivar a escrita teatral na nosa Comunidade e de impulsar a súa proxección social. Así, ademais dos títulos vencedores do XVI Barriga Verde, nos próximos meses verán a luz a través de Xerais Incidencia muller pedra, de Avelina Pérez, XXVII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, e O carteiro de Ximaraos, co que Carlos Labraña gañou tamén o XIII Manuel María de literatura dramática infantil.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.