
O Vilablues Mar de Santiago encherá dos mellores sons Vilanova de Arousa esta fin de semana co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que recordou que celebrará a súa 10ª edición na vila pontevedresa os días 29 e 30 de agosto.
Como dixo, a cita ten como obxectivo converter a Ría de Arousa no corazón do blues atlántico, fusionando cultura, música e territorio con tradición, espiritualidade e ritmo, ofertando unha experiencia única na antesala do Camiño de Santiago marítimo-fluvial, explicou. Recordou, ademais, que se enmarca na máis de trintena de eventos que Turismo de Galicia apoia na provincia de Pontevedra baixo a marca Concertos do Xacobeo.
O festival conta con diversas localizacións espalladas por toda a vila: os Xardíns de Umbrío, o Parque do Cabo, a Igrexa da Pastoriza, a Praza do Parque, o Auditorio do Terrón e a área biosaudable do Terrón. Neles desenvolverase un programa multidisciplinar aberto a públicos de todas as idades, con atardeceres musicais, masterclasses, conferencias, concertos, exposicións, proxeccións, mercado, entre outras.
O cartel artístico está confirmado por destacadas figuras do blues como Shirley Davis & The Silverbacks, The Blues Moonshiners, Los Deltonos, The Pontiaks, Adrian Costa, Mad Martin, Nico Wayne Toussaint, Víctor Fábregas, TT Syndicate, Joe Do & The Blues Preachers e Gisele Jackson.
En palabras do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia non podían faltar nesta singular cita, o Vilablues, un proxecto que aposta pola promoción dun turismo de calidade e que supón un revulsivo para a dinamización da economía local de Vilanova de Arousa, xerando sinerxías entre hostalería, comercio e cultura, cun retorno económico relevante e inmediato para esta rica contorna. Merelles quixo convidar, tamén, a todos os públicos, locais e visitantes, a gozar dunha cita que é unha reunión de confraternidade entre artistas e público, fusionando cultura, lecer e turismo de calidade, nun cruce único de tradición, música e natureza.
Máis de 800 en toda Galicia
Como dixo, a Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que dá cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025.
Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. A aposta pola calidade e a diversidade de gustos e estilos para diferentes xeracións de públicos constitúe un atractivo único programa, que un ano máis propón 12 meses de música en directo, favorecendo o turismo e a oferta cultural de xeito deslocalizado ao longo de todo o ano. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.