
Ao longo da xornada desenvolveranse tres obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. A Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías (Gondomar, Pontevedra) dirixirá o obradoiro de Iniciación ao torno cerámico, no que os participantes poderán elaborar pezas de barro mediante as técnicas da olería tradicional galega. A actividade completarase coa divulgación das principais características das pezas máis representativas da nosa olería.
Os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo) encargaranse dous outros dous obradoiros: un de encadernación xaponesa e outro de marmolado, que é a técnica que se utilizaba na antigüidade para decorar as gardas dos libros, entre outras cousas. No primeiro taller elaboraranse cadernos seguindo os diferentes tipos de encadernación á xaponesa, para adecuar o grao de dificultade ás diferentes idades dos asistentes. O obradoiro de marmolado permitirá aos participantes crear diversos motivos decorativos mediante a manipulación de pinturas que flotan sobre a auga e que se trasladarán a superficies ou a soportes porosos coma o tecido ou o papel.
A programación da iniciativa Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra completarase coa actuación do dúo acústico Deuce, a partir das 13.00 horas.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.