Noticias

O XV Encontro de Artistas Novos reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia

O Encontro de Artistas Novos ofrece tamén a posibilidade aos novos talentos participantes de propoñer unha intervención artística non convencional para ser exhibida na Cidade da Cultura. Como novidade, esta convocatoria —que normalmente se restrinxía ás Torres Hejduk do Gaiás— ábrese a novos espazos e propostas creativas, que inclúen as zonas verdes e espazos exteriores ao carón do Museo Gaiás. O programa do EAN15 inclúe cinco relatorios de destacados creadores do panorama nacional como a artista plástica Ana de Alvear (Madrid, 1962), encargada da conferencia inaugural do encontro.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe na Cidade da Cultura aos 40 creadores e creadoras que ata o xoves 28 de agosto participan no XV Encontro de Artistas Novos EAN15, consolidado foro da arte contemporánea onde presentarán os seus traballos e terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias con outras figuras emerxentes e tamén consolidadas.

O titular de Cultura do Goberno galego referiuse ao encontro como “un dos piares da programación do Gaiás co que, desde hai xa quince edicións, a Xunta de Galicia vén reafirmando anualmente o seu compromiso e apoio ao talento emerxente”. Ao mesmo tempo, remarcou o conselleiro, esta iniciativa converte a Cidade da Cultura “nun gran foro aberto ás novas tendencias da vangarda artística”, onde o colectivo de creadores galegos pode compartir co resto do mundo o seu traballo e talento, dous dos eixos nos que se asenta o Encontro de Artistas Novos.

Impulsado pola Xunta de Galicia co apoio da Fundación Banco Sabadell, este encontro forma parte da programación da Cidade da Cultura desde os seus inicios, en 2011. Ao longo deste tempo, participaron nesta proposta máis de 800 artistas, entre eles figuras como Nuria Güell, Jorge Perianes, Lois Patiño, Eva Díez ou Jesús Madriñán, que teñen acadado un recoñecemento destacado no panorama galego e nacional.

O acto de apertura contou tamén coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director de Sabadell Profesional Galicia de Banco Sabadell, Fernando Vieiro Barreiro; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e o director do EAN, Rafael Doctor Roncero.

Convocatoria de intervención artística

O Encontro de Artistas Novos ofrece tamén a posibilidade aos novos talentos participantes de propoñer unha intervención artística non convencional para ser exhibida na Cidade da Cultura. Como novidade, esta convocatoria —que normalmente se restrinxía ás Torres Hejduk do Gaiás— ábrese a novos espazos e propostas creativas, que inclúen as zonas verdes e espazos exteriores ao carón do Museo Gaiás.

Aprendizaxe de figuras consolidadas

O programa do EAN15 inclúe cinco relatorios de destacados creadores do panorama nacional como a artista plástica Ana de Alvear (Madrid, 1962), encargada da conferencia inaugural do encontro. As súas pinturas hiperrealistas, realizadas minuciosamente con lapis de cores, foron exhibidas en museos de ciencias naturais e centros botánicos de toda España e desde 1997 colabora con compositores de música contemporánea en producións de vangarda que se estrearon, entre outros, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid.

Participará tamén como relatora no EAN a pintora Juana González, que este ano foi recoñecida en ARCO Madrid como mellor artista española nos premios outorgados pola revista especializada Artepuntoes —editada polo Instituto de Arte Contemporáneo— ao tempo que Ana de Alvear logrou tamén unha mención espacial na mesma categoría.

O encontro contará ademais coa creadora visual, autora e doutora en Filosofía, Jana Leo, (Madrid, 1965), que en 2024 publicou o libro Mamá está muerta, pero la vamos a curar, unha obra nacida da análise dos casos de 132 mulleres asasinadas en Madrid a mans das súas parellas ou ex-parellas homes, ilustrándoos de xeito arrepiante e conmovedor.

Completan os nomes consolidados desta edición o muralista galego Yoseba MP (Cambre, 1984), recoñecido polas súas obras en gran formato representando a mulleres maiores de zonas rurais como auténticas heroínas, e Sergio Marey (Pol, Lugo, 1997), que regresa ao EAN para compartir o seu proceso creativo tras participar no encontro na edición de 2020 como figura emerxente. Desde entón, ten amosado as súas creacións en mostras individuais ou colectivas na Fundació Joan Miró, o Museo Reina Sofía de Madrid, o CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea o Festival MMMad Art Madrid, A Fundación Eugenio Granell, ou o Museo do Pobo Galego, entre outros.

R., 2025-08-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES