Archivo (1 del 2023)

Buscador

Noticias

A quenda de garda especializada e permanente, con 79 intervencións realizadas en 2022 , permitiu no pasado ano atender 86 vítimas e menores. Desde 2018, cando se firmou por primeira vez este acordo de colaboración, 263 mulleres e menores foron atendidos, desenvolvéndose 259 intervencións. A atención psicolóxica é un instrumento fundamental para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, para a protección e o apoio ás mulleres que a sofren, pero tamén para os seus fillos e fillas, testemuñas e vítimas da violencia familiar. A iniciativa forma parte das actuacións que Galicia desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a violencia.
Os espectáculos teatrais, a gran maioría de produción galega, concentran boa parte da oferta da rede, con 250 funcións programadas a cargo de 79 compañías profesionais. Destacan, entre eles, algunhas das agardadas novidades da actual temporada teatral, como a estrea no Teatro Rosalía Castro de Mosca, no que a compañía Ártika aborda o drama do acoso escolar con Gustavo del Río na dirección, ou de Vox Populi, de Malasombra, ópera rock de gran formato que se estrenarña proximamente en Narón.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta vén de activar para mañá alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña das provincias da Coruña e Lugo. Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
A temperatura media foi de 14,9 graos, un valor considerado como extremadamente cálido e rexistrándose, ademais, unha anomalía positiva de 1,4 graos con respecto aos valores esperados. Deste xeito, houbo meses extremadamente cálidos como maio e xullo. Neste último mes produciuse unha vaga de calor histórica superando os termómetros os 40º en moitos puntos da Comunidade. E, ademais, o día 14 de xullo vivimos un evento chamado Sistema Convectivo de Mesoescala, que xerou unha área tormentosa do tamaño de Galicia que deixou máis de 6.000 raios en 4 horas.  
O presidente da Xunta resaltou hoxe que a Consellería de Sanidade vai poñer en marcha este ano un programa de intensificación da actividade asistencial con diferentes medidas para axilizar as intervencións cirúrxicas, as probas diagnósticas e as consultas co obxectivo de reducir as listas de espera 'a niveis mellores dos que había antes da pandemia'. 'É un plan ambicioso co que se vai dar solución ás demandas dos galegos e galegas' no eido sanitario, destacou.
O estudo dos impactos ambientais de diferentes estratexias de economía circular é o obxectivo da investigación desenvolvida por Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS). Concretamente, a análise centrouse na detección dos retos que deben afrontar os sectores primarios estratéxicos —agricultura, gandaría e pesca —, no seu camiño cara á sustentabilidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio do Goberno galego á construción para afrontar a alza de custos e puxo en valor a calidade, sustentabilidade, a unidade e a formación como claves para a súa fortaleza, sobre todo de cara a un 'ano decisivo'. 'É un sector que temos que coidar', defendeu Rueda, quen argumentou que se trata dunha actividade 'fundamental para Galicia, xa que é símbolo de potencia económica'. 'Se funciona o sector da construción é porque está funcionando o tecido económico', aseverou o mandatario galego durante a súa participación hoxe na sinatura dun protocolo de colaboración entre a Xunta, a Fundación Laboral da Construción e a Fundación Catedral para formar operarios no eido da restauración.
A Rede de Bibliotecas de Galicia, formada por máis de 300 centros públicos, pechou 2022 con case 1,6 millóns de préstamos, o que supón un incremento do 23 % en relación a 2021. Esta cifra coñécese o mesmo día que as bibliotecas celebran o Día do usuario/a, unha efeméride recollida no Calendario do libro e da lectura de Galicia que se conmemora cunha ampla programación para achegar estes servizos á cidadanía, con visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos.
O Centro Dramático Galego inicia hoxe a súa programación de 2023 coa primeira das preto de 90 funcións que desenvolverá ata finais de abril en Santiago de Compostela, tanto na súa sede do Salón Teatro como no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura de Galicia. Destacan nesta carteleira a posta en escena de seis das producións propias e coproducións da compañía da Xunta de Galicia, entre as que se inclúen as estreas e temporadas de exhibición dos espectáculos Shakespeare en Roma e Un hotel de primeira sobre o río.
A Filmoteca de Galicia arranca as proxeccións da súa carteleira de xaneiro, coa que iniciará dúas retrospectivas dedicadas ao director iraniano Abbas Kiarostami e ao portugués Paulo Rocha, ademais de continuar co ciclo Filmes falados e cos seus especiais conmemorativos dos centenarios da actriz María Casares e do cineasta experimental Jonas Mekas. Kiarostami, un dos realizadores máis relevantes e influentes do seu tempo, protagoniza o arranque da nova programación na sede coruñesa da cinemateca da Xunta, que ofrecerá hasta abril un completo percorrido cronolóxico pola súa obra. Así, durante este mes proxectaranse 14 das curtas e longametraxes da súa primeira etapa, que vai de 1970 a 1980, agrupadas en catro programas.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES