
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reunise cos responsables do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para facer balance do servizo de quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas ás vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos menores. Trátase dunha iniciativa que apoia a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 80.000 euros a través dun convenio que mantén coa entidade desde o ano 2018.
A quenda de garda especializada e permanente, con 79 intervencións realizadas en 2022 , permitiu no pasado ano atender 86 vítimas e menores. Desde 2018, cando se firmou por primeira vez este acordo de colaboración, 263 mulleres e menores foron atendidos, desenvolvéndose 259 intervencións.
A atención psicolóxica é un instrumento fundamental para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, para a protección e o apoio ás mulleres que a sofren, pero tamén para os seus fillos e fillas, testemuñas e vítimas da violencia familiar. A iniciativa forma parte das actuacións que Galicia desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a violencia
O interese prioritario deste servizo é ofrecer atención inmediata e personalizada a través de profesionais con formación específica que, de xeito gratuíto, realizan unha atención continuada as 24 horas os 365 días ao ano.
A quenda de garda psicolóxica actívase de forma inmediata nos casos de urxencia e garante a presenza dun profesional desde o momento posterior de producirse unha agresión. A atención psicolóxica ten carácter inmediato nestes casos e se presta en todos os partidos xudiciais galegos a requirimento das forzas e corpos de seguridade.
A Xunta tamén mantén co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia un convenio de colaboración para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero, e complementariamente a outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan estas situacións; e tamén para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar a través do programa Abramos o círculo.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.