Archivo (7 del 2022)

Buscador

Noticias

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) procura minimizar o impacto dos incendios forestais, mediante catro liñas de traballo diferenciadas: prevención; detección, disuasión, investigación e medidas correctoras; extinción e formación. Entre as novidades do Pladiga 2022 están as melloras organizativas, o desenvolvemento da rede de vixilancia fixa, os avances tecnolóxicos, o impulso da Unidade de Investigación de Incendios Forestaise a actualización das parroquias de alta actividade incendiaria.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios pon en marcha hoxe a súa programación para o segundo semestre, durante o cal se celebrarán 201 actuacións escénicas e concertos nos 37 concellos adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos que promove e coordina a Xunta. Deste xeito, superaranse no cómputo anual as 500 actuacións de teatro, maxia, danza, circo e música que ofrecerán 181 formacións artísticas no 2022 ao abeiro desta rede cofinanciada coas entidades locais asociadas, para o que se dispón dun orzamento global que supera os 1,8 millóns de euros.
O Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) formarán parte do proxecto europeo Joint Action Transfer of Best Practices in Primary Care (CIRCE), destinado á transferencia e implantación de boas prácticas na atención primaria. O proxecto o conforman servizos de saúde, organizacións e entidades afiliadas de 14 estados membros. A súa finalidade é transferir e implantar boas prácticas levadas a cabo na atención primaria de catro estados membros (Bélxica, España, Portugal e Eslovenia) entre os 12 países participantes restantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.211 deles 3.046 son da área da Coruña, 2.246 da de Lugo, 2.199 da de Ourense, 1.555 da de Pontevedra, 2.231 da área de Vigo, 2.599 da de Santiago e 1.310 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 898 en unidades de hospitalización e 14.279 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 641.324 persoas curadas, rexistrándose 3.663 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.945.676. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.701.194.
Galicia terá dispoñible, a partir do vindeiro 14 deste mes, a autocita para vacinación da covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en adiante. A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas ou por medio da aplicación Sergas Mobil. No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente. Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a V edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que arredor de 600 músicos novos, de 12 formacións musicais, interpretaron os repertorios elixidos para a ocasión. Participaron as Bandas Xuvenís da Banda de Música Municipal de Celanova, da Escola de Música de Salceda, e da Escola da Banda a Unión de Guláns, e as bandas das escolas da Agrupación Musical do Rosal e do Ateneo Musical de Bembrive. Tamén estiveron presentes a Xove Banda de Valga, a Unión Musical de Tenorio, a Banda Infantil e Xuvenil de Antas de Ulla e as bandas xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla, Castrelo-Cambados e Lalín.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2022. Nel destácase que España e Galicia están 'lonxe aínda de recuperar os niveis económicos prepandemia que xa acadaron Portugal, Francia ou Italia' e apúntase como 'novos factores de inestabilidade' a elevada inflación, os confinamentos manufactureiros en China, o conflito en Ucraína, o retraso na execución española dos fondos europeos e o crecente clima de incerteza financeira internacional.
Galicia rexistrou un mes de xuño normal en canto ás temperaturas e húmido no que respecta ás precipitacións, xa que segundo os datos obtidos nas principais estacións meteorolóxicas da Comunidade choveu de media un 78% máis do habitual neste mes. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que resalta que o pasado xuño foi un período moi marcado polas chuvias e con temperaturas que se moveron dentro dos valores agardados, aínda que con algún episodio de aire cálido, como o ocasionado pola masa procedente do norte de África que chegou a Galicia a mediados de mes.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reivindicou a necesidade de que a Unión Europea conte cunha Política Pesqueira Común (PPC) na que haxa un equilibrio real -tal como establece un dos seus principios- entre os aspectos medioambientais e os socioeconómicos. Así o pediu durante a súa intervención na clausura da IX Conferencia internacional ARVI sobre o futuro da pesca A nova PPC e o Fempa no futuro da pesca, ao tempo que defendeu a transcendencia de revisar esta política e introducir cambios para adaptala á realidade das distintas ramas de actividade vencelladas co mar.
O Salón Teatro recibe esta fin de semana o espectáculo Tartufo, adaptación do texto clásico de Molìere co que o Centro Dramático Galego participa neste 2022 no regreso do Proxecto NÓS/NOUS. Esta iniciativa, de natureza internacional ao implicar institucións de Francia, Portugal e Galicia, é un espazo de creación escénica e de intercambio entre catro compañías públicas e outros tantos centros de ensino que ten como obxectivo promover tanto a profesionalización como a internacionalización de estudantes no treito final do seu período académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidadas do sector teatral.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES