
O certame incluíu por último un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da Comunidade, baixo a dirección dos mestres José Luis Tielas Santiago e Pedro Miguel Ralo Serrano.
O peche ao festival correu a cargo da interpretación conxunta do Himno galego, por parte de todas as bandas, na praza central do Gaiás, e a entrega de diplomas conmemorativos coa participación da directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP), Iván Estévez. O encontro foi organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia coa colaboración da Deputación da Coruña.
O Banco de España acaba de publicar os datos oficiais de débeda pública correspondentes ao peche do exercicio 2025. Nese período, Galicia reduciu a súa ratio de débeda ata o 13,9 % do seu PIB, o que representa a ratio máis baixa dende 2012. Deste xeito, Galicia situase como a cuarta comunidade autónoma de réxime común con nivel de débeda máis baixa e cun diferencial con respecto á media das CCAA de 6,3 puntos porcentuais. A ratio de débeda das CC.AA. situouse no 20,2 %. Logo do esforzo extraordinario por mor da pandemia, Galicia leva unha senda descendente dos seus ratios de endebedamento. Así, desde a pandemia, ano 2020, reduciu a ratio case seis puntos, pasando de 19,6 % ata o 13,9 %.
A implantación da recollida separada de materia orgánica consolídase como o piar fundamental para que Galicia cumpra cos obxectivos ambientais europeos. Dado que os restos orgánicos representan case o 40 % do lixo doméstico, a súa correcta xestión é a chave para baleirar os vertedoiros e xerar compost de alta calidade que retorne á terra como fertilizante. A día de hoxe, o compromiso galego con este sistema é evidente: 295 concellos xa contan con métodos específicos para os biorresiduos.