Noticias

Galicia rexistrou un mes de xuño con temperaturas normais e húmido, cun 78% máis chuvias do habitual

Galicia rexistrou un mes de xuño normal en canto ás temperaturas e húmido no que respecta ás precipitacións, xa que segundo os datos obtidos nas principais estacións meteorolóxicas da Comunidade choveu de media un 78% máis do habitual neste mes. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que resalta que o pasado xuño foi un período moi marcado polas chuvias e con temperaturas que se moveron dentro dos valores agardados, aínda que con algún episodio de aire cálido, como o ocasionado pola masa procedente do norte de África que chegou a Galicia a mediados de mes.

Con todo, esta situación cambiou a parir do día 19, cando ventos frescos e húmidos de orixe atlántica substituíron ao aire cálido, o que provocou un notable descenso nos termómetros e algunhas precipitacións. De aí en adiante, o tempo foi moi cambiante, con chuvascos intermitentes e temperaturas irregulares como consecuencia dos movementos das baixas presións.

En calquera caso, a característica máis salientable do mes hai que buscala nos rexistros de precipitacións que, para tratarse de xuño, foron abundantes. Coas chuvias dos primeiros días xa practicamente quedou cuberta a media normal de todo o mes, que acabou sendo húmido no conxunto de Galicia aínda que sen superar os valores de 2021.

A precipitación media en Galicia foi de 85L/m2, un dato que se duplicou nas comarcas do Xallas e de Caldas, que acadaron os 180L/m2. Pola contra, os rexistros máis baixos acadáronse en localidades illadas de Valdeorras e Bergantiños, que roldaron os 30L/m2.

No caso das temperaturas, as medias do mes obtidas a partir dos datos das estacións meteorolóxicas máis representativas situáronse en 0,1º C por riba do esperado, o que fai que o mes poida considerarse normal neste aspecto. En todo caso, o comportamento foi moi irregular no conxunto da Comunidade.

Por exemplo, na Baixa Limia (cunha anomalía negativa de 1,3º C) acadáronse os rexistros máis baixos de toda Galicia, mentres que Verín contou coas temperaturas medias máis altas (2º C por riba do habitual).

R., 2022-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES