Archivo (7 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.754 deles 3.026 son da área da Coruña, 2.040 da de Lugo, 2.031 da de Ourense, 1.525 da de Pontevedra, 2.299 da área de Vigo, 2.630 da de Santiago e 1.187 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 806 en unidades de hospitalización e 13.918 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 634.188 persoas curadas, rexistrándose 3.624 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.938.653. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.698.575.
Alfonso Rueda subliñou que a Axenda Financeira de Galicia 2022 aspira a mobilizar 400 M€ para axudar a facer realidade os proxectos do tecido empresarial. Lembrou que é igualmente obrigado que os fondos europeos cheguen ao tecido produtivo para xerar novas oportunidades industriais. 'Non podemos facelo en solitario. Necesitamos que o Goberno tome a iniciativa cun reparto áxil e concreto', dixo, insistindo en que se necesitan certezas para que Stellantis poida competir, para que proxectos transformadores como o polo forestal de Altri en Lugo e a planta orientada de baterías de Showa Denko na Coruña sexan unha realidade, ou para que os proxectos de reindustrialización das Pontes, a nova planta de papel tisú de Ence ou o proxecto de hidróxeno renovable de Reganosa xeren novas oportunidades.
Galicia pechou o mes de xuño con 140.932 persoas sen emprego, a terceira cifra máis baixa de toda a serie histórica de datos (1996). De feito e, tal e como apuntou a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, só houbo menos paro en xullo e agosto de 2007 con 139.998 e 140.299 desempregados respectivamente. Lado, quen fixo hoxe unha valoración dos datos, destacou que o paro descendeu na evolución anual e mensual, e nas principais variables: en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades. Tamén salientou o comportamento favorable dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.
Galicia espera unha ocupación entre o 75% e o 90%, acadando as mellores cifras na primeira quincena de agosto, segundo o informe presentado polo Clúster de Turismo de Galicia que levou a cabo unha consulta aos seus asociados, principalmente do sector hoteleiro, co obxectivo de coñecer as previsións do sector turístico galego para os meses de xullo e agosto. A recollida da información tivo lugar de forma telefónica os días 29 e 30 de xuño. As perspectivas son optimistas para o conxunto de Galicia, tendo en conta a recuperación do Camiño de Santiago e e dos turistas estranxeiros. Na provincia de Pontevedra agárdase acadar cifras similares ás de 2019, con ocupacións entre o 80 e o 90% no mes de agosto.
Galicia e Euskadi propoñen á ministra de Sanidade medidas de choque urxentes destinadas á incorporación de máis profesionais de medicina á atención primaria, para que sexan tratadas no Consello Interterritorial. O conselleiro de Sanidade de Galicia, Julio García Comesaña; e a conselleira de Saúde de Euskadi, Gotzone Sagardui, asinaron un manifesto de carácter aberto para reforzar a atención primaria. O documento xa o remitiron ao Ministerio de Sanidade e van presentalo no Consello Interterritorial do próximo mércores. No mesmo dise que, máis aló do Plan de Acción de Atención Primaria, necesítanse 'medidas de choque urxentes' en formación de especialistas.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES