Archivo (12 del 2022)

Buscador

Noticias

O Gaiás vén de dar a coñecer a programación para este ano do Nadal, cunha variada oferta pensada para gozar en familia. As actividades darán comezo o 16 de decembro co tradicional acendido da iluminación exterior e da Árbore de Nadal da Cidade da Cultura, e inclúen visitas especiais ao museo, obradoiros creativos, teatro e toda unha nova serie de experiencias de realidade virtual no Galiverso.
A Xunta mantén en 2023 o transporte gratuíto aos menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova, que rexistrou un incremento de usuarios de máis dun 22% nos primeiros dez meses do ano. Esta tarifa gratuíta aplícase aos usuarios da tarxeta Xente Nova en ata 60 viaxes ao mes no autobús interurbano da Xunta e no transporte en barco da ría de Vigo e no ferrocarril de proximidade na área de Ferrol. Na actualidade, esta iniciativa permite viaxar de balde en toda Galicia a máis de 132.000 menores de 21 anos.
Ata o de agora, o 43,44% da poboación pediátrica entre os 6 meses e os 5 anos de idade está vacinada contra a gripe en Galicia. Os resultados de vacinación foron posibles tras o plan piloto posto en marcha pola Consellería de Sanidade no Hospital Clínico de Santiago de Compostela para incrementar os niveis de vacinación da gripe entre a poboación infantil, e evitar cadros máis graves e contaxios. O éxito dese plan levounos a extrapolar esta medida piloto a todas as áreas e empregar os 14 hospitais públicos de Galicia para levar a cabo a vacinación dos nenos entre os 6 meses e os cinco anos.
A Xunta de Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación para o deseño e implementación da nova ABAU ante a negativa do Goberno do Estado de atender ningunha das principais propostas autonómicas. Así pois, Galicia comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Ministerio desbota por sistema a meirande parte das achegas que lle foron elevadas desde unha perspectiva construtiva.
Galicia pechou novembro coa cifra de paro (142.758) máis baixa de toda a serie histórica neste mes, no que baixou o desemprego tanto na evolución anual como mensual e aumentaron as afiliacións con respecto a hai un ano. Con respecto a novembro de 2021, o paro caeu nun 6,54% , descendendo en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e sete grandes cidades. En canto ás actividades económicas, liderou a baixada o sector primario (-13,33%) seguido da industria (-12,05%), a construción (-7,70%) e os servizos (-5,61%). O paro tamén caeu nos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo: entre os menores de 30 anos (-11,16%), parados de longa duración (-10,05%) e mulleres (-6,70%).
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES