Archivo (12 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.069, deles 446 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 318 da de Ourense, 174 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 290 da de Santiago e 141 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 238 en unidades de hospitalización e 1.828 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 683.343 persoas curadas, rexistrándose 3.998 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.020.807. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.512.240.
Galicia rexistrou un outono moi cálido e moi húmido segundo o Informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia que foi presentado hoxe pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez. Segundo o informe, o outono de 2022 foi moi cálido cunha temperatura media de 15,9 ºC, o que supón unha anomalía positiva de +1,4 graos con respecto á media da serie histórica 1981-2010. Sagrario Pérez explicou que isto se debeu principalmente a que as temperaturas mínimas foron moi cálidas –sobre todo no mes de outubro (+1,9 ºC) mentres que as máximas foron cálidas (+1 ºC).
Clausurouse a segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos Turislab, que rematou con 8 startups seleccionadas entre as 117 presentadas. As 8 startups finalistas participaron durante oito meses nun programa de formación nas instalacións de Turislab, no complexo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e contaron tamén co apoio de titores, mentores e expertos colaboradores. Ademais, tiveron a ocasión de darse a coñecer no Investors Day ante investidores privados que poden estar interesados en financialas para potenciar a súa competitividade. Das 8 propostas que participaron no proxecto da Aceleradora en 2022, foron distinguidas Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse, ademais de Tric Track Circuítos Permanentes, recoñecida coa distinción Talento emprendedor.
A nosa comunidade rexistrou no verán de 2022 preto de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites en aloxamentos turísticos, o que mellora os datos de 2019 nun 12,4% e os do ano pasado nun 14,7 %, e supón un récord absoluto do sector turístico galego. Deste xeito, Galicia supera en sete puntos os rexistros globais do Estado, e é unha das comunidades onde o crecemento é máis elevado. Cabe destacar que o 81% desta demanda provén do turismo nacional (de toda España), con importantes subas nos turistas procedentes de Madrid, Andalucía e León. O turismo interno (da nosa comunidade) acada tamén cifras récord, con 570.000 noites no ámbito hoteleiro.
Galicia e Norte de Portugal amplían a súa colaboración transfronteiriza no ámbito das urxencias sanitarias, logo da sinatura, no día de hoxe, dun Memorando de entendemento entre o Instituto Nacional de Emerxencia Médica I.P. e a Consellería de Sanidade. Ao acto de sinatura, que correu a cargo do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e do presidente do antedito Instituto, Luís Meira, tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo. Tal e como sinalou o conselleiro de Sanidade, dende o ano 2014 existe un Protocolo de colaboración transfronteiriza entre a Administración Rexional de Saúde do Norte de Portugal e a Xunta de Galicia, para actuar conxuntamente ante determinadas emerxencias.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que o éxito da marca Galicia Calidade asociara para sempre a excelencia ao nome e aos produtos da Comunidade. Na gala na que se celebrou o XXV aniversario do distintivo, o titular do Goberno galego puxo en valor a traxectoria das 150 empresas que se animaron a formar parte 'dunha marca esixente' e que contribuíron á singularidade e ao prestixio da Comunidade galega en todo o mundo. 'Vinte e cinco anos despois, está marca segue representado o desexo de ser excelentes e seguir triunfando', aseverou o mandatario galego na súa intervención.
A conselleira María Jesús Lorenzana clausurou ante máis de 100 persoas a xornada Rede CIM: a importancia do autocoidado entre o persoal -enmarcada na IV edición do Plan de formación do persoal dos Centros de Información á Muller que promove este departamento da Xunta- onde avogou por estes centros como dinamizadores dos recursos de atención ás mulleres e ás vítimas da violencia de xénero. Lorenzana gabou o traballo preventivo e de sensibilización desenvolvido polos 84 CIMs despregados por Galicia e que dan cobertura universal e gratuíta a 193 concellos.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou hoxe que o resultado do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea no que se fixaron os totais admisibles de capturas (TAC) e cotas para 2023 en augas comunitarias é negativo para Galicia e España pois apenas supón avances en relación coa proposta inicial presentada pola Comisión Europea. A titular de Mar, que estivo seguindo co sector desde Bruxelas o avance dos debates malia non formar parte da delegación negociadora española -composta polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Goberno cántabro en representación das comunidades autónomas españolas-, lamentou que neste cumio non se acadase ningún dos obxectivos marcados para atender as necesidades da frota galega e española.
Foi presentada a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística que arranca este venres e levará actividades para público familiar a unha vintena de concellos. Na edición deste ano apóstase por actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. A primeira das actividades será este venres no centro social de Pontecesures coa proposta Fazulas e o ladrón de paraugas. Trátase dunha iniciativa da compañía teatral Bandullo Azul, protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.
'Inventio' é unha aposta vangardista en gran formato que bota man da maxia, a danza e o circo para colocar o Camiño de Santiago como eixo vertebrador da identidade cultural galega. A proposta consiste nun espectáculo versátil e misceláneo que suma tradición e vangarda e que se inspira, por unha banda, na cultura tradicional galega, e que por outra asume as máis audaces propostas do audiovisual e dos autores máis avanzados do panorama internacional. Brindará tres funcións no Auditorio Mar de Vigo entre o 3 e o 4 de xaneiro.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (180)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES