Noticias

Galicia bate récords de turistas e peregrinos no ano 2022

A nosa comunidade rexistrou no verán de 2022 preto de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites en aloxamentos turísticos, o que mellora os datos de 2019 nun 12,4% e os do ano pasado nun 14,7 %, e supón un récord absoluto do sector turístico galego. Deste xeito, Galicia supera en sete puntos os rexistros globais do Estado, e é unha das comunidades onde o crecemento é máis elevado. Cabe destacar que o 81% desta demanda provén do turismo nacional (de toda España), con importantes subas nos turistas procedentes de Madrid, Andalucía e León. O turismo interno (da nosa comunidade) acada tamén cifras récord, con 570.000 noites no ámbito hoteleiro.

En canto ao turismo internacional (19% do total), os 2,1 millóns de noites acadadas entre xaneiro e agosto de este ano triplican os valores do ano pasado, e supoñen igualmente un fito non acadado anteriormente, grazas sobre todo ao comportamento rexistrado nas temporadas media e alta, e a achega realizada polos albergues, unhas 443.000 pernoitas. Todos os mercados internacionais superan as cifras de 2021, e tres deles melloran as de 2019: trátase dos EUA (28%), Portugal (10%) e Francia (2%). Portugal consolídase como o principal punto de orixe do turismo internacional, cun 25% do total.

En canto aos principais destinos turísticos, destacan as Rías Baixas no verán, con preto de 1,3 millóns de noites en hoteis, e en xeral o Camiño de Santiago, que con máis de 436.000 compostelas ata decembro bate tamén todos os récords históricos.

Son datos do balance turístico deste verán, presentado polo Consello da Xunta, e que expón como principais causas deste éxito a prolongación do Ano Xacobeo ata 2022, e a oferta de turismo natural e non masificado que propón Galicia.

Datos por tipoloxía de establecemento

Todos os tipos de establecementos turísticos conseguiron superar a demanda do ano 2021, tanto os establecementos hoteleiros, cunha cota de mercado do 62%, como o segmento extra hoteleiro (apartamentos turísticos, cámpings, establecementos de turismo rural e albergues), que supón o restante 38%. Mención aparte merecen os albergues, que superan nun 74% os datos do ano pasado.
  
Datos por territorios

Todos os xeodestinos da nosa comunidade superan en maior ou menos medida os datos do ano pasado, agás dous: A Ribeira Sacra e Manzaneda-Trevinca. Polo demais, destaca o comportamento das Rías Baixas con preto de 1,3 millóns de noites no segmento hoteleiro, o sub-destino Arousa Norte con 720.000 noites, Terras de Santiago que supera nun 24% os datos de 2021, a Costa da Morte e Ferrolterra con incrementos que superan o 20%, ou A Coruña-As Mariñas cun 15% de suba.

Se falamos das cidades galegas, Santiago e Pontevedra melloran as súas cifras respecto do ano pasado, Vigo mellora tamén aínda que o incremento é menor, e Ourense mantén o nivel de 2021.

Os Camiños de Santiago

Os Camiños de Santiago non son alleos a este éxito do sector turístico na nosa comunidade. A cifra xeral de peregrinos acadou máis de 436.000 compostelas ata decembro, e superou amplamente os datos de 2019, récord histórico ata este ano.

Deste total, un 54,63% corresponde a cidadáns españois e o resto a peregrinos internacionais. Os principais países de orixe serían, por este orde, Italia, Alemaña, EUA, Portugal e Francia.

Se analizamos as distintas rutas a Santiago, o Camiño Francés mantén o primeiro posto cun 51,78 % das compostelas entregadas, pero todas elas melloran os niveis pre-pandemia.

R, 2022-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES