Buscador
Noticias
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informaron en rolda de prensa do avance da vacinación do nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, subliñando que o 54% destes menores xa contan alomenos coa primeira das doses da vacina contra a covid-19. O titular de Sanidade, destacou que 84.363 rapaces e rapazas deste tramo de idade xa foron vacinados, así, apuntou que os datos de vacinación de menores en Galicia son moi bos, sinalando que o 97,3% da poboación de 12 a 19 anos conta con alomenos unha dose da vacina, e que, ao 94,8% xa lle foi administrada a pauta completa de vacinación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 61.635 deles 11.597 son da área da Coruña, 6.182 da de Lugo, 7.454 da de Ourense, 7.494 da de Pontevedra, 13.559 da área de Vigo, 11.355 da de Santiago e 3.994 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 343 en unidades de hospitalización e 61.241 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 210.078 persoas curadas, rexistrándose 2.805 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.393.915. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.916.483
O Centro Galego de Arte Contemporánea reforzou en 2021 o seu papel divulgador das creacións de artistas emerxentes e consolidados cun incremento nas exposicións e na súa colección, que sumou 60 novas pezas artísticas. De feito, o CGAC recuperou e mesmo superou o ritmo de actividades incrementando as cifras anteriores á pandemia. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu o Consello Asesor deste centro, no que se fixo balance do ano que remata e se presentaron as propostas para 2022. Nos últimos meses materializáronse 13 proxectos expositivos, o que representa case o dobre con respecto aos sete de 2020 e tamén é maior o número de mostras do ano previo á pandemia, 2019, cando houbo 10.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 56.456 deles 10.373 son da área da Coruña, 5.549 da de Lugo, 6.549 da de Ourense, 7.047 da de Pontevedra, 12.724 da área de Vigo, 10.567 da de Santiago e 3.647 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 298 en unidades de hospitalización e 56.102 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 206.301 persoas curadas, rexistrándose 2.786 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.368.977. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.906.188.
Galicia rexistrou un mes de decembro normal en canto ás precipitacións e moi cálido no que respecta aos termómetros, ata o punto de que a temperatura media obtida nas estacións máis representativas da Comunidade se situou 2,1º por riba do agardado. Esta anomalía térmica, de feito, fixo que o mes pasado fora o terceiro máis cálido da serie histórica de referencia 1981-2010. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que subliña tamén que decembro tivo tres partes moi diferenciadas, cun período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas, con ambiente húmido e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada de novo polas borrascas, aínda que neste caso con vento do sur e temperaturas elevadas.
O ano 2021 pechou en Galicia marcado pola recuperación do mercado laboral. Así o destacou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, quen sinalou que o número de parados -152.584- continúa a niveis precovid-19 e é a cifra máis baixa nun mes de decembro de toda a serie histórica de datos (1996). Respecto ao inicio da pandemia (febreiro 2020), o desemprego reduciuse nun -8,21%, un ritmo de baixada que case duplica ao do Estado (-4,32%). Na evolución anual, Lado sinalou que a caída do desemprego en 37.003 persoas (-19,52%) e o maior descenso desde 1996, tanto en termos relativos como absolutos, unha caída que, segundo subliñou, permite a Galicia acumular nove meses consecutivos de baixada do paro.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 52.588 deles 9.587 son da área da Coruña, 5.068 da de Lugo, 5.948 da de Ourense, 6.695 da de Pontevedra, 12.202 da área de Vigo, 9.700 da de Santiago e 3.388 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 318 en unidades de hospitalización e 52.215 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 205.208 persoas curadas, rexistrándose 2.782 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.355.800.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.988 deles 9.065 son da área da Coruña, 4.677 da de Lugo, 5.421 da de Ourense, 6.489 da de Pontevedra, 11.849 da área de Vigo, 9.297 da de Santiago e 3.190 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 331 en unidades de hospitalización e 49.604 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 204.005 persoas curadas, rexistrándose 2.770 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.345.019. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.858.366.
Galicia pechou 2021 con máis de 178.900 Compostelas seladas no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, o que confirma a reactivación do Camiño de Santiago superando tódalas expectativas. A previsión para este ano era chegar ás 140.000 credenciais, unha cifra que xa se acadou o pasado setembro e que se superou con case 40.000 máis no último trimestre. Tras o espectáculo videomusical conducido polo gaiteiro Carlos Núñez na Praza da Quintana para dar a benvida á segunda parte deste Xacobeo 21-22, a Porta Santa continuará aberta outros 365 días.
O II programa Muller e Ciencia 2016-2020 da Xunta de Galicia tivo impacto directo na carreira profesional de 544 mulleres: 520 incorporáronse ao ámbito investigador e 20 conseguiron unha promoción para desenvolver postos de carácter directivo. O balance deste programa, do que a Xunta está a preparar a terceira edición, evidencia deste xeito a súa efectividade cara a avanzar na presenza feminina nestes sectores e na rotura das fendas de xénero inda existentes. Grazas ao II programa Muller e Ciencia promovido pola Unidade Muller e Ciencia desenvolvéronse en Galicia máis dun cento de actuacións por parte de diferentes departamentos da Xunta que alcanzaron a máis de 10.000 persoas de diferentes colectivos.