Noticias

Galicia rexistrou o terceiro mes de decembro máis cálido de toda a serie histórica

Galicia rexistrou un mes de decembro normal en canto ás precipitacións e moi cálido no que respecta aos termómetros, ata o punto de que a temperatura media obtida nas estacións máis representativas da Comunidade se situou 2,1º por riba do agardado. Esta anomalía térmica, de feito, fixo que o mes pasado fora o terceiro máis cálido da serie histórica de referencia 1981-2010. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que subliña tamén que decembro tivo tres partes moi diferenciadas, cun período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas, con ambiente húmido e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada de novo polas borrascas, aínda que neste caso con vento do sur e temperaturas elevadas.

A característica máis salientable do mes foi, de feito, a temperatura, cunha anomalía media en Galicia, obtida a partir das anomalías medias das 11 estacións meteorolóxicas máis representativas, de 2,1º por encima do habitual en decembro.

A explicación hai que buscala tanto nas temperaturas mínimas como nas máximas, xa que en ambos casos foron moi cálidas. O precedente máis próximo neste sentido foi o mes de decembro do ano 2015, cando a temperatura media se situou en 2,87º por riba do habitual, e o anterior foi o de 1989, cunha anomalía positiva de 2,84º.

Con carácter xeral, os termómetros marcaron rexistros moi elevados no conxunto de Galicia, aínda que os valores máis salientables en canto á anomalía media concentráronse na comarca de A Coruña e no leste da provincia de Lugo, con valores que case chegaron aos 3,8º por riba do normal. Pola contra, as anomalías máis baixas acadáronse no Barbanza, cunha temperatura media case un 1º por riba do agardado.

Menos chuvia e concentrada en poucas xornadas

Segundo os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade, a chuvia acumulada en decembro foi similar ao que se considera normal, pero o número de días con precipitacións supera en xeral os valores climáticos habituais para esta época. Isto foi debido aos dous períodos de inestabilidade cos que comezou e rematou o mes, que trouxeron asociados episodios de borrasca bastante activos en días concretos e derivaron nunha precipitación media acumulada de 205 L/m2.

Ademais, se se comparan estes valores cos rexistrados no período de referencia 1981-2010, decembro pechouse en Galicia cunha anomalía media das precipitacións un 3% superior ao valor climático habitual. Isto fai que o mes poida considerarse dentro da normalidade, tendo en conta o conxunto da Comunidade.

Aínda así, houbo grandes contrastes en canto á distribución xeográfica das precipitacións, sobre todo entre a provincia de Lugo e o resto de Galicia. En concreto, mentres na Fonsagrada e na Serra dos Ancares rexistrouse unha porcentaxe de chuvia superior ao 196% con respecto ao normal, na comarca ourensá de Valdeorras o mes resultou moi seco.

R., 2022-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Foto de la tercera plana (escenasdocambio-2026.png) Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.

Notas

A National Aeronautics and Space Administration, NASA, confirmaba o pasado martes de xeito oficial que o 1 de abril será a primeira data na que se intentará lanzar desde o Centro Espacial Kennedy de Florida Artemis II, a primeira misión lunar tripulada desde 1972. 'Podo confirmar que todo está en orde e non hai ningún impedimento para o lanzamento de Artemis, se as condicións meteorolóxicas o permiten', afirmou a viceadministradora e responsable de exploración espacial da axencia espacial estadounidense, Lori Glanze.
A iniciativa, que este ano desenvolve a súa terceira edición, está promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura que reúne especialistas de diferentes institucións do Estado español co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de recursos, ferramentas e metodoloxías dixitais para a investigación en humanidades, artes e ciencias sociais, no marco dos consorcios europeos CLARIN e DARIAH.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES