Noticias

O 54% dos menores galegos con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos xa contan alomenos cunha dose da vacina contra a covid-19

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informaron en rolda de prensa do avance da vacinación do nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, subliñando que o 54% destes menores xa contan alomenos coa primeira das doses da vacina contra a covid-19. O titular de Sanidade, destacou que 84.363 rapaces e rapazas deste tramo de idade xa foron vacinados, así, apuntou que os datos de vacinación de menores en Galicia son moi bos, sinalando que o 97,3% da poboación de 12 a 19 anos conta con alomenos unha dose da vacina, e que, ao 94,8% xa lle foi administrada a pauta completa de vacinación.

García Comesaña tamén subliñou que desde hoxe mesmo, a Xunta de Galicia puxo a disposición da cidadanía un segundo test gratuíto destinado aos rapaces de 5 a 11 anos, a través das oficinas de farmacia. Neste senso, apuntou que o Sergas está a enviar SMS aos pais e nais destes rapaces, para indicarlles que poden recoller os test, ademais de incorporar unha ligazón na que se achega un tutorial para levar a cabo un correcto emprego da toma das mostras.

Ademais, o conselleiro de Sanidade lembrou que as persoas que obteñan un resultado positivo neste tipo de probas diagnósticas, deberán poñelo en coñecemento das autoridades sanitarias a través do teléfono 881 540 045, ou ben, desde a xornada de hoxe, a través do formulario habilitado na web do Servizo Galego de Saúde. Neste último caso, tras incorporar os eus datos persoais, o sistema xerará unha chamada telefónica co ánimo de coñecer o estado de saúde do novo positivo, os seus contactos estreitos, ademais de achegar as recomendación sanitarias precisas.

Así mesmo, as persoas que realicen test nas propias oficinas de farmacia, co asesoramento do seu persoal, no caso de ser positivos pasarán a estar rexistrado de xeito automático no sistema sanitario público galego.
Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade quixo compartir unha mensaxe de tranquilidade cos membros do Comité Educativo. Neste sentido, lembrou que os centros de ensino permaneceron abertos tanto o pasado curso, como este, grazas ao correcto funcionamento dos protocolos e ao esforzo de toda a comunidade educativa en xeral.

No referido ao persoal docente, o titular do departamento educativo da Xunta explicou que hoxe mesmo "xa se están facendo os chamamentos para cubrir as máis de 200 baixas que figuran neste momento no sistema,” para que o día 10 se poidan incorporar aos centros respectivos” o profesorado substituto. As restantes iranse cubrindo, “dun xeito inmediato”, unha vez os centros estean operativos e as carguen no sistema.

Román Rodríguez sinalou que os departamentos de Educación e Sanidade continúan, como desde o principio da pandemia, traballando en estreita colaboración. Así mesmo, estase a intensificar a coordinación coas xefaturas territoriais, co propio Comité Educativo e cos diferentes axentes implicados, co fin de iniciar este segundo trimestre coas maiores garantías.

O conselleiro incidiu, ademais, en que a incidencia da covid-19 na comunidade educativa reflicte a situación xeral da pandemia. “No inicio de curso prevemos ter un aumento dos casos, ao igual que está sucedendo no resto da sociedade, debido ao incremento das interaccións sociais”, explicou.

R., 2022-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Foto de la tercera plana (escenasdocambio-2026.png) Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.

Notas

A National Aeronautics and Space Administration, NASA, confirmaba o pasado martes de xeito oficial que o 1 de abril será a primeira data na que se intentará lanzar desde o Centro Espacial Kennedy de Florida Artemis II, a primeira misión lunar tripulada desde 1972. 'Podo confirmar que todo está en orde e non hai ningún impedimento para o lanzamento de Artemis, se as condicións meteorolóxicas o permiten', afirmou a viceadministradora e responsable de exploración espacial da axencia espacial estadounidense, Lori Glanze.
A iniciativa, que este ano desenvolve a súa terceira edición, está promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura que reúne especialistas de diferentes institucións do Estado español co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de recursos, ferramentas e metodoloxías dixitais para a investigación en humanidades, artes e ciencias sociais, no marco dos consorcios europeos CLARIN e DARIAH.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES