Archivo (9 del 2021)

Buscador

Noticias

A investigación de excelencia e a transferencia de coñecemento en todas as áreas das matemáticas constitúen o eido de actuación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemáticas de Galicia (CITMAga) que nace como froito da suma de esforzos das tres universidades galegas. UVigo, USC e UDC únense para conformar este novo centro que aspira a converterse nun piar de excelencia científica dentro do ecosistema de innovación e investigación de Galicia, formando, atraendo e retendo talento, “para dotar á sociedade e á industria galega e española de coñecemento innovador e vantaxes competitivas e sostibles a través do acceso a capacidades científicas e tecnoloxías de primeiro nivel”, sinalan dende as tres institucións.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.986 deles 1.064 son da área da Coruña, 803 da de Lugo, 443 da de Ourense, 240 da de Pontevedra, 581 da área de Vigo, 670 da de Santiago e 185 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 109 en unidades de hospitalización e 3.834 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 174.287 persoas curadas, rexistrándose 2.598 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.782.004. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.200.718.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.793 deles 1.225 son da área da Coruña, 950 da de Lugo, 512 da de Ourense, 301 da de Pontevedra, 702 da área de Vigo, 873 da de Santiago e 230 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 117 en unidades de hospitalización e 4.633 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 173.236 persoas curadas, rexistrándose 2.595 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.779.010. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.198.297.
A Semana de Cine de Lugo chega á súa 43ª edición cunha carteleira que inclúe 135 títulos e actividades paralelas que se desenvolverán do 20 ao 25 de setembro. Esta 43ª edición da Semana de Cine articularase arredor de once seccións, entre elas unha de Cine Galego que inclúe 22 películas. Tamén haberá Sección Oficial, Xoias do Ano, ciclo Infantil, Cine Documental, A Outra Beira, Cine e Fotografía, As Curtas Cine Son, E para comer Lugo, Cine Nacionalidades e Homenaxes. Paralelamente, prográmanse conferencias, debates e presentacións en diferentes escenarios. Nesta edición a Semana homenaxea ao actor nado en Riotorto Luis Iglesia Besteiro.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a apertura este sábado dos centros de vacinación masiva para que calquera galego que non estea vacinado poida acudir sen necesidade de cita e recibir a súa primeira dose; así como a habilitación o luns e martes da vindeira semana -13 e 14 de setembro- de puntos de vacinación nos sete campus galegos para que, tamén sen necesidade de cita previa, a poboación universitaria que aínda non teña a vacina poida acudir a recibir a súa dose.
A Sala Ártika de Vigo desvelou hoxe a programación da súa nova temporada escénica, no marco da que lle ofrecerá ao público 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano. Na programación de setembro a decembro da Sala Ártika inclúense catro festivais e ciclos (II Comediártiko, XXVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, circuíto estatal da Red de Teatros Alternativos e VII Festival Pequeártiko de Nadal), cinco estreas absolutas, 20 espectáculos para público familiar e 13 producións para público adulto.
A temperatura media rexistrada nos meses de xuño, xullo e agosto foi de 18.8ºC, polo que o período estival galego considérase lixeiramente frío. Así se recolle no informe climatolóxico de verán deste ano 2021 elaborado por MeteoGalicia, que estima tecnicamente os tres meses citados como época estival. Nos tres meses, a anomalía na temperatura media foi de -0.29ºC, debido principalmente aos valores rexistrados nos meses xuño e xullo, que non puido compensar o mes de agosto.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.177 deles 1.301 son da área da Coruña, 1.050 da de Lugo, 543 da de Ourense, 316 da de Pontevedra, 768 da área de Vigo, 938 da de Santiago e 261 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 120 en unidades de hospitalización e 5.008 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 172.679 persoas curadas, rexistrándose 2.592 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.775.347. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.196.758.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.163 deles 1.762 son da área da Coruña, 1.408 da de Lugo, 654 da de Ourense, 478 da de Pontevedra, 1.126 da área de Vigo, 1.283 da de Santiago e 452 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 154 en unidades de hospitalización e 6.962 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 169.685 persoas curadas, rexistrándose 2.577 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.756.631. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.130.175.
A Biblioteca de Galicia inaugurou a mostra 'Imago Sancti Iacobi: a iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia', unha exposición de percorre os deseños, iconas e ilustracións coas que foron representados o Camiño de Santiago, o Apóstolo e a cidade de Compostela ao longo dos séculos. Comisariada por Daniel Buján e Nacho Cabano, a exposición reúne máis de 40 obras da colección da Biblioteca de Galicia sobre a evolución dunha tradición iconográfica que contribuíu enormemente a engrandecer o fenómeno xacobeo e a estendeu o coñecemento do Camiño de Santiago e Compostela. A exposición ilustra as primeiras representacións da cidade, e a paulatina aparición de iconografías e simboloxías do fenómeno xacobeo.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (269)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES