Noticias

A Sala Ártika de Vigo programa 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano

A Sala Ártika de Vigo desvelou hoxe a programación da súa nova temporada escénica, no marco da que lle ofrecerá ao público 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano. Na programación de setembro a decembro da Sala Ártika inclúense catro festivais e ciclos (II Comediártiko, XXVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, circuíto estatal da Red de Teatros Alternativos e VII Festival Pequeártiko de Nadal), cinco estreas absolutas, 20 espectáculos para público familiar e 13 producións para público adulto.

A Sala Ártika de Vigo desvelou hoxe a programación da súa nova temporada escénica, no marco da que lle ofrecerá ao público 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano.

Para o seu funcionamento, o espazo vigués contou nos últimos dous anos cunha inxección económica de máis de 135.000 euros por parte da Xunta a través dunha dobre vía de apoio. Dunha banda, o teatro da avenida de Beiramar percibiu máis 105.000 euros entre 2020 e 2021 como un dos espazos adxudicatarios das subvencións ás salas privadas de artes escénicas, dotadas con 150.000 euros cada ano e das que se beneficiou, así mesmo, o tamén vigués Teatro Ensalle. Doutra, dispuxo de 30.000 euros para desenvolver un dos 32 proxectos receptores da liña extraordinaria de axudas ao impulso do sector escénico, convocada o ano pasado ao abeiro do Plan de reactivación cultural cun fondo de 500.000 euros.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron nesta presentación, que tamén contou, entre outras, coa intervención da directora da Sala Ártika, Fernanda Barrio.

Dinamización cultural do Xacobeo 21-22

Na súa intervención, Marta Fernández-Tapias subliñou o papel da Xunta como o maior programador cultural de Galicia, ao tempo que destacou que a celebración do Xacobeo 21-22 “está demostrando que é quen de reforzar o papel da Comunidade na dinamización do consumo cultural e do crecemento desta industria”.

Pola súa banda, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade referiuse especificamente á programación da Sala Ártika como “exemplo do magnífico traballo de difusión escénica, de captación de novos públicos e de consolidación de espectadores que están a facer este tipo de espazos” e cuxa labor abrangue todos os ámbitos da promoción teatral, desde a produción e a exhibición, ata a residencia artística e as actividades formativas.

Ademais, felicitou á dirección deste espazo por terse confirmado, en tan só seis anos de traxectoria, como un referente cultural destacado, non só en Vigo e a súa área metropolitana, senón no resto de Galicia, situándose nestes momentos como a sala privada con maior programación teatral de toda a Comunidade.

Sinalou, neste mesmo sentido, que son moitas as compañías do país que teñen en conta este espazo para os seus procesos de creación e exhibición. É o caso, por exemplo, de varias montaxes apoiadas ou coproducidas pola Xunta, como a recentemente estreada Festina Lente, do colectivo VACAburra coa participación do Centro Coreográfico Galego.

Na programación de setembro a decembro da Sala Ártika inclúense catro festivais e ciclos (II Comediártiko, XXVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, circuíto estatal da Red de Teatros Alternativos e VII Festival Pequeártiko de Nadal), cinco estreas absolutas, 20 espectáculos para público familiar e 13 producións para público adulto.

R., 2021-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES