
A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a mostra Imago Sancti Iacobi: a iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia, unha exposición de percorre os deseños, iconas e ilustracións coas que foron representados o Camiño de Santiago, o Apóstolo e a cidade de Compostela ao longo dos séculos.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e un dos comisarios da mostra, Daniel Buján, tomaron parte do acto de presentación desta exposición que pode visitarse dende hoxe e até o mes de novembro.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destacou a importancia e a diversidade dos valiosos fondos dos que dispón a Biblioteca de Galicia, e salientou a idoneidade de ofrecer no Ano Santo esta escolma significativa da iconografía xacobea, das representacións do Camiño de Santiago e do fenómeno das peregrinacións.
Comisariada por Daniel Buján e Nacho Cabano, a exposición reúne máis de 40 obras da colección da Biblioteca de Galicia sobre a evolución dunha tradición iconográfica que contribuíu enormemente a engrandecer o fenómeno xacobeo e a estendeu o coñecemento do Camiño de Santiago e Compostela.
Primeiras representacións do Apóstolo
A exposición ilustra as primeiras representacións da cidade compostelá, e a paulatina aparición de iconografías e simboloxías do fenómeno xacobeo, algunhas xa presentes desde os primeiros volumes manuscritos dos séculos XII e XIII. Inclúe tamén as primeiras representacións do Apóstolo, que se continúan a través de impresos dos séculos XVI ao XIX, e nos que topamos a Santiago entronizado, peregrino ou a cabalo. E visita tamén simboloxías como a cuncha o báculo ou a cabaza que adorna estas figuras ou as de tantos e tantos peregrinos reflectidos en libros e estampas.
A re-interpretación que fixeron algúns dos grandes intelectuais galegos de comezos do século XX do tema xacobeo está igualmente presente nesta exposición. O mesmo que imaxes tan identificables na actualidade, como a frecha amarela, que tamén se pode ver en multitude de impresos e non só pintada nas pedras e demais sinais que marcan na actualidade o Camiño de Santiago.
O deseño gráfico da exposición foi asumido por Quenindiola, un estudo de deseño e ilustración nado e 2015 no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura. Baseándose nas formas do románico galego, e empregando nas súas obras, catro cores de forte simbolismo para Galicia (branco, azul, negro e vermello), estes profesionais do deseño ilustran e reinterpretan, dun xeito fresco, elegante e divertido, as iconas do patrimonio cultural galego.
A exposición poderá ser visitada na Biblioteca de Galicia de setembro a novembro en horario de 9,00 a 21,00 horas e o acceso será de balde.
O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.