Archivo (7 del 2021)

Buscador

Noticias

Os prezos das matrículas universitarias nas tres universidades públicas galegas vanse manter conxelados para o vindeiro curso 2021-22, polo que un estudante vai seguir desembolsando a mesma contía que 11 anos atrás por cursar os seus estudos de grao ou máster en Galicia, o que supón un aforro medio de preto de 19M € anuais para as familias galegas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2021-22. No caso das matrículas de grao o prezo medio manterase por décimo primeiro ano consecutivo en 11,89 €/crédito, o que supón un aforro de 4,44 euros con respecto aos 16,33 €/crédito de media de España.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios ten xa preparada a súa carteleira de espectáculos para o segundo semestre do curso, que desde o 15 de xullo levará 209 actuacións de teatro, danza, música, novo circo e maxia a 36 concellos de toda Galicia. Deste xeito e pese aos adiamentos e suspensións polo peche sanitario de primeiros de ano, serán máis de 500 as funcións desenvolvidas durante 2021 no seo deste circuíto cultural cofinanciado pola Xunta e as preto de 40 entidades locais asociadas, para o que se conta cun orzamento global superior aos 1,6 millóns de euros. Este segundo período de programación implicará a contratación de preto de 100 formacións artísticas profesionais de moi diferentes xéneros e estilos.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación da orde que regula as bases para o 3º plan de rescate, xestionado pola Xunta cos 234,4 millóns de euros que lle corresponderon do reparto do Estado para axudas directas ao tecido empresarial, coa que amplía o prazo de solicitude dos apoios ata o 30 de setembro para permitir que os cartos cheguen a máis persoas traballadoras autónomas e empresas afectadas pola covid-19. A pesares dos esforzos da Xunta por axilizar e simplificar o 3º Plan de Rescate, as cargas burocráticas impostas no Real Decreto que regula as axudas directas para xestionar as Comunidades están disuadindo ou imposibilitando o acceso ás mesmas de gran parte do tecido empresarial galego.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.058 deles 957 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 980 da de Ourense, 869 da de Pontevedra, 1.058 da área de Vigo, 535 da de Santiago e 192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 4.992 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.775 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.240.822. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.106.763.
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a partir deste xoves catro novas funcións de Terceiro acto, a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, estreada o pasado 15 de abril e que estivo en cartel durante un mes con máis de 30 funcións. A peza dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e interpretada por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Tatán R. Cunha representarase do xoves 15 ao sábado 17 ás 21,00 h., e o domingo 18, ás 19.00 h. As entradas xa están á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes desde dúas horas antes de cada pase.
Galicia pasa a formar parte dun proxecto interdisciplinar elaborado pola Comisión Europea, no que o Servizo Galego de Saúde actuará como socio oficial da New Bauhaus, sendo un dos 14 representantes españois que participarán na definición, acompañamento e deseño da Nova Europa. A New Bauhaus representa un espazo de encontro que ten por obxecto deseñar novos xeitos de vivir, nos que mesturan a cultura, a arte, a ciencia, a inclusión social e a tecnoloxía, dando lugar a un futuro máis sostible, mediante o esforzo colectivo. Coa súa incorporación a este proxecto comunitario, a Xunta de Galicia ratifica a súa aposta por formar parte dese diálogo entre persoas de diferentes culturas, disciplinas, xéneros e idades.
O ciclo Danza 3 ofrece esta fin de semana as tres primeiras das 15 citas protagonizadas por Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina. A Xunta de Galicia e o colectivo XOC, integrado polas devanditas agrupacións, promoven por noveno ano consecutivo esta iniciativa de difusión do baile e a música tradicionais, desta volta como parte da programación cultural do Xacobeo 21-22. Con este motivo, amplíase o percorrido do ciclo, que o ano pasado e a pesar das restricións sanitarias foi quen de manter a meirande parte das representacións previstas. Esta nova viaxe polas prazas e rúas dos 15 concellos participantes dará comezo mañá sábado en Burela.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.670 deles 745 son da área da Coruña, 395 da de Lugo, 606 da de Ourense, 663 da de Pontevedra, 734 da área de Vigo, 386 da de Santiago e 141 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 50 en unidades de hospitalización e 3.610 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.359 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.402.119. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.992.471.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa da obrigatoriedade de presentar o resultado dunha proba diagnóstica negativa ou o certificado de vacinación completa, para acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos galegos nos que rexan as medidas do nivel medio. O titular da carteira sanitaria da Xunta, apuntou que o Executivo galego aposta polo desenvolvemento dun ocio seguro, ao tempo que trasladou a preocupación das autoridades sanitarias polo aumento de casos positivos entre a mocidade.
Galicia insiste en reclamar o que xustamente lle corresponde na defensa lexítima dos intereses dos seus agricultores e gandeiros con respecto á aplicación da futura PAC. A nosa comunidade e o resto dos territorios da Cornixa Cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) demandan de xeito conxunto ao Goberno central que se teñan en conta as peculiaridades da España húmida á hora de desenvolver esta política, fronte á orientación “mediterránea” que vén amosando o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (180)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES