Archivo (7 del 2021)

Buscador

Noticias

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve albergar un verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais: o ceo. Por quinto ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía encargarase de dirixir e coordinar as distintas accións de dinamización previstas para difundir os valores que desde o ano 2016 acreditan a este espazo natural como destino turístico Starlight. Fegar contará coa colaboración e apoio do persoal do Parque no desenvolvemento das actividades, de carácter gratuíto e dirixidas a distintos sectores da poboación.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta vai solicitar unha xuntanza con Endesa na que participe o grupo de traballo por unha transición xusta nas Pontes —que integran, ademais da Administración autonómica, o Concello, os sindicatos e representantes da industria auxiliar e dos transportistas—, para concretar as alternativos que permitan manter a actividade e o emprego na central das Pontes.
As tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporarán á súa oferta académica para o vindeiro curso un total de dez titulacións a razón de tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o vindeiro curso 2021-22. A oferta destas novas titulacións faise efectiva no Diario Oficial de Galicia de hoxe, coa publicación da orde de implantación de ensinanzas universitarias en Galicia. Todas as titulacións recibiron o visto e prace do Consello Galego de Universidades, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e do Consejo de Universidades.
A fundadora e presidenta entre 2001 e ata o seu falecemento en 2009 da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine, Zaza Ceballos; e a Asociación Mirabal recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na terceira edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o labor a favor da igualdade de oportunidades para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade. María Jesús Díaz, máis coñecida como Marijé Díaz, recibirá a medalla a título póstumo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.319 deles 1.330 son da área da Coruña, 700 da de Lugo, 1.617 da de Ourense, 1.550 da de Pontevedra, 1.845 da área de Vigo, 976 da de Santiago e 301 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 82 en unidades de hospitalización e 8.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.459 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.447.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.223.330.
O Centro Dramático Galego asume a produción de dous novos espectáculos baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos nunha nova aposta pola dramaturxia galega contemporánea e polos clásicos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación de A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez. En liña coas producións deste ano, tamén de adaptación dun clásico, con O charco de Ulises, e de dramaturxia galega contemporánea, con Terceiro acto e Serva me, servabo te.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.208 deles 1.191 son da área da Coruña, 631 da de Lugo, 1.429 da de Ourense, 1.285 da de Pontevedra, 1.591 da área de Vigo, 817 da de Santiago e 264 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 7.129 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.228 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.438.737. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.196.112.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta maña en rolda de prensa, da decisión de limitar as xuntanzas na hostalería a un máximo de 6 persoas no interior e, a 10 no espazos exteriores e terrazas, en todos os niveis, salvo no nivel alto e máximo, no que segue a prohibición de abrir no interior dos locais. O titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que esta medida terá carácter de recomendación nos restantes ámbitos sociais, co ánimo de atallar a expansión do virus. García Comesaña trasladou a súa preocupación pola importante suba de novos casos detectados nas últimas datas, onde se destaca a presenza dun amplo número de persoas mozas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.298 deles 1.086 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 1.139 da de Pontevedra, 1.389 da área de Vigo, 671 da de Santiago e 231 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 6.231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.043 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.
Un total de 465 centros educativos, 42 deles de nova incorporación, formarán parte o vindeiro curso do modelo plurilingüe da Xunta de Galicia, unha acción enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Este modelo plurilingüe -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e FP (PluriFP).
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES