
Cómpre lembrar que os destinos Starlight un selo avalado pola Unesco e outorgado pola Fundación Starlight son lugares visitables que gozan dunhas condicións óptimas para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, resultan especialmente axeitados para albergar todo tipo de actividades turísticas baseadas neste recurso natural.
Neste sentido, a programación astronómica prevista para este verán nas Illas Atlánticas que comezou o pasado 1 de xullo e prolongarase ata o 16 de setembro inclúe observacións tanto diúrnas como nocturnas durante as que se porá a disposición das persoas participantes material óptico de última xeración e equipos electrónicos.
Así, as actividades programadas pola mañá levaranse a cabo entre as 13,30 e as 14,00 horas e centraranse na observación solar a través dun telescopio solar en lonxitude de onda alfa, para ver as protuberancias e a evolución das manchas solares, ademais do tránsito de diferentes obxectos celestes.
Así mesmo, a observación astronómica en sentido estrito desenvolverase polas noites, concretamente no Lago dos Nenos e na Pedra da Campá no caso das illas Cíes, e en Caniveliñas na de Ons. Adicionalmente tamén se realizarán unha serie de actividades de exploración de corpos celestes dirixidas a nenos así como de observación de meteoritos, incluíndo a chuvia das Perseidas do mes de agosto.
A programación chegará aos catro arquipélagos aínda que a oferta concentrarase en Cíes onde se realizarán en total catro quendas: do 1 ao 14 de xullo; do 29 de xullo ao 12 de agosto; do 26 de agosto ao 3 de setembro; e do 6 ao 16 de setembro e en Ons con actividades programadas do 15 ao 28 de xullo e do 12 ao 25 de agosto. As actividades en Sálvora e en Cortegada aínda están sen pechar polo que se irán concretando as datas.
Para poder participar nalgunha destas accións, os interesados deberán inscribirse previamente na propia illa e os grupos organizaranse in situ. Ao ser actividades ao aire libre, en todo caso, a súa celebración dependerá das condicións meteorolóxicas de xeito que este calendario é susceptible de sufrir posibles alteracións.
Ademais, este ano tamén estará condicionada pola covid e as medidas hixiénico-sanitarias establecidas para os visitantes dentro de todo o Parque Nacional. Así, os grupos serán de como máximo 20 persoas e a duración de cada actividade será dunha hora máximo para reducir o tempo de exposición. A máscara será de uso obrigatorio, daráselles aos participantes protectores oculares individuais para usar os telescopios e respectarase en todo momento a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
Destino Starlight desde 2016
Cómpre lembrar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas é destino Starlight desde o ano 2016, de aí a importancia de actividades coma estas, que buscan difundir os valores do ceo nocturno do arquipélago e promover a observación das estrelas desde as illas.
Ademais, a finais de 2015 tamén recibiu a Carta Europea de Turismo Sustentable (CETS) en recoñecemento ao seu compromiso activo cunha actividade turística de calidade. As accións de observación e divulgación astronómica programadas para xullo, agosto e setembro enmárcanse nos obxectivos da CETS, que busca mellorar a calidade da oferta turística do parque, facéndoa compatible coa conservación dos seus valores naturais.
O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foi prsentada a Visión Estratéxica 2026-2028 da Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal. A visión estratéxica ofrece un novo marco de actuación co que se pretende reforzar o papel da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento. Ademais, estrutura a intervención da AECT en cinco grandes áreas -cultura, turismo, xuventude e emprego transfronteirizo e investigación e competitividade-, consolidando proxectos cun impacto recoñecido e abrindo novas frontes de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.