Noticias

Galicia pasa a formar parte do proxecto europeo New Bauhaus

Galicia pasa a formar parte dun proxecto interdisciplinar elaborado pola Comisión Europea, no que o Servizo Galego de Saúde actuará como socio oficial da New Bauhaus, sendo un dos 14 representantes españois que participarán na definición, acompañamento e deseño da Nova Europa. A New Bauhaus representa un espazo de encontro que ten por obxecto deseñar novos xeitos de vivir, nos que mesturan a cultura, a arte, a ciencia, a inclusión social e a tecnoloxía, dando lugar a un futuro máis sostible, mediante o esforzo colectivo. Coa súa incorporación a este proxecto comunitario, a Xunta de Galicia ratifica a súa aposta por formar parte dese diálogo entre persoas de diferentes culturas, disciplinas, xéneros e idades.

A Xunta de Galicia vén de firmar o convenio de colaboración para participar de xeito conxunto na iniciativa New European Bauhaus, coa que se crearán novos espazos sustentables na contorna dos centros sanitarios galegos, na procura de humanizar o seu servizo e conxugalo co lecer A sinatura, presidida polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; contou tamén coa participación do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez; e o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez.

Galicia pasa a formar parte dun proxecto interdisciplinar elaborado pola Comisión Europea, no que o Servizo Galego de Saúde actuará como socio oficial da New Bauhaus, sendo un dos 14 representantes españois que participarán na definición, acompañamento e deseño da Nova Europa.

A New Bauhaus representa un espazo de encontro que ten por obxecto deseñar novos xeitos de vivir, nos que mesturan a cultura, a arte, a ciencia, a inclusión social e a tecnoloxía, dando lugar a un futuro máis sostible, mediante o esforzo colectivo.

Coa súa incorporación a este proxecto comunitario, a Xunta de Galicia ratifica a súa aposta por formar parte dese diálogo entre persoas de diferentes culturas, disciplinas, xéneros e idades. Sobre este particular, o titular de Sanidade, salientou que participar neste proxecto “contribuirá á creación de novas experiencias e espazos sanitarios que humanizarán o seu servizo, ao tempo que se protexe a biodiversidade e se constrúe un futuro máis sostible”.

Pola súa parte, o vicepresidente económico, Francisco Conde, fixo énfase en que o deseño e a sustentabilidade son os dous elementos definitorios da proposta galega. Deste xeito, puxo en valor a importancia do deseño como instrumento para achegar solucións creativas á gran transformación verde que se está a vivir e explicou a aposta da candidatura galega polo deseño circular a través de produtos onde a madeira estará presente como elemento estrutural.

Para levar a cabo o deseño destas novas infraestruturas na contorna dos centros sanitarios galegos, o Sergas contará coa colaboración de outros organismos, como son a Axencia Galega de Innovación (Gain); a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera); o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS); a Axencia de Coñecemento en Saúde de Galicia (ACIS), así como coas tres universidades galegas e outros centros de investigación especializados no eido ambiental e da sostibilidade.

R., 2021-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES