
Moitas delas chegan a esta carteleira a raíz da súa asistencia á última edición do mercado Galicia Escena PRO, organizado conxuntamente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a asociación Escena Galega e na que estiveron acreditados, así mesmo, os responsables dos principais de teatros, auditorios, salas e festivais escénicos galegos.
Novos espectáculos en cartel
A Rede Galega de Teatros e Auditorios volverá ofrecer os novos espectáculos de destacadas compañías galegas, que iniciarán en outono o seu percorrido polos escenarios. É o caso de Cigarreiras de Contraproducións, A parábola do angazo de Talía Teatro, The Witch, un espectáculo ritual de Cía. Diana Sieira, A lúa vai encuberta de A Quinta do Cuadrante ou Nevermore de Chévere, entre outros.
A programación arranca esta mesma semana en Foz, Betanzos e O Carballiño. Os primeiros espectáculos programados serán The Show Moscón de Galitoon e Tódalas marabillas del mundo de Producións Dispersas o xoves 15 e o venres 16, respectivamente, no Patio do Colexio Nº 1 de Foz. O sábado 17 a praza da Constitución de Betanzos será o escenario dos concertos de Valentín Caamaño Quartet o sábado 17 e de Dixie-Kings o domingo 18, mentres que Odaiko actuará na praza da Veracruz do Carballiño tamén o domingo.
Durante o verán a Rede Galega de Teatros e Auditorios celebrará a meirande parte das súas citas ao aire libre, cunha trintena de funcións programadas ata mediados de setembro. Ademais das actuacións deste circuíto, pioneiro en Galicia no ámbito da exhibición de espectáculos de xeito profesional e coordinado, durante o período estival a Xunta de Galicia está a impulsar máis de 3000 actividades por toda a xeografía galega cun investimento superior aos 9M ao abeiro do Plan de Reactivación da Cultura e da programación especial do Xacobeo 21-22.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.