Archivo (4 del 2021)

Buscador

Noticias

A restauradora galega e estrela Michelín Lucía Freitas vén de inaugurar no CIFP Compostela da capital galega, a experiencia formativa e de promoción Aula Gastronómica Galicia Calidade, promovida por este organismo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. A iniciativa pretende achegar os produtos e marcas avaladas por Galicia Calidade aos estudantes e futuros restauradores da Comunidade galega. No proxecto tamén colabora a Fundación Artesanía de Galicia achegando a vaixela e os utensilios cos que se elaboran os pratos.
Xornalistas, escritoras, mulleres comprometidas de varias xeracións conforman a mostra, que está estruturada por un conxunto de paneis que dan conta das vivencias, a biografía e as experiencias de doce reporteiras, escritoras, directoras e correspondentes de guerra. Nesta mirada desde a historia hai espazo para doce galegas destacadas. Así se recollen as opinións de Emilia Pardo Bazán en máis de dous mil artigos de prensa ou de pioneiras como Concepción Arenal ou Mª Luz Morales, primeira directora dun xornal. Parte da exposición dedícase ademais á cullerdense Sofía Casanova, correspondente de guerra, e a Virginia Felicia, coñecida como A raíña do folletín.
Galicia pechou o mes de marzo cunha caída do paro do -2,43%, o que a sitúa como a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o desemprego con respecto ao mes de febreiro. De feito, o descenso rexistrado é maior á caída da media do Estado (-1,48%), con case un punto de diferencia. Esta redución supón, ademais, a maior da serie histórica (1996), tal e como destacou hoxe en Santiago de Compostela a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado. Os datos do paro no mes de marzo, segundo valorou Lado, reflicten que Galicia continúa a resistir os efectos da pandemia sobre o mercado laboral.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.052, deles 356 son da área da Coruña, 250 da de Lugo, 168 da de Ourense, 232 da de Pontevedra, 574 da área de Vigo, 358 da de Santiago e 114 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 83 en unidades de hospitalización e 1.954 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.743 persoas curadas, rexistrándose 2.424 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.269.259. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.965.286.
Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas promovido pola Xunta, celebrará a súa oitava edición do 7 ao 10 de xuño, retomando así o seu papel como punto de encontro do sector despois de que a pandemia motivara a súa suspensión en 2020. Repítese este ano a experiencia da organización compartida entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a asociación Escena Galega, co obxectivo de ofrecerlles ás compañías un escaparate para a difusión dos seus traballos entre os axentes culturais responsables de espazos, festivais e encontros escénicos de dentro e fóra de Galicia.
A Filmoteca de Galicia estrea este mes a súa nova denominación oficial, baixo a que continuará desenvolvendo tanto o seu labor de recuperación, conservación e difusión do noso patrimonio audiovisual como a actividade de exhibición cinematográfica na súa sala da Coruña, bautizada co nome de José Sellier en homenaxe a esta figura pioneira do cinema en Galicia. Nela programaranse 19 novas sesións ata finais de abril, entre as que se atopan os últimos filmes dos ciclos da cinemateca da Xunta sobre os icónicos cineastas Mani Kaul e Wong Kar-wai.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.306, deles 752 son da área da Coruña, 162 da de Lugo, 151 da de Ourense, 238 da de Pontevedra, 621 da área de Vigo, 274 da de Santiago e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 182 en unidades de hospitalización e 2.094 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.687 persoas curadas, rexistrándose 2.344 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.863.866.
A Xunta de Galicia e o Goberno central colaborarán en materia de cartografía e información xeográfica para canalizar a produción, mantemento e difusión do seu traballo relacionado con este ámbito. A tal fin, as dúas administracións acaban de asinar o correspondente convenio marco no que se recolle a integración da Comunidade galega no Sistema Cartográfico Nacional, ao tempo que se establece un espazo de colaboración entre ambas en materia de información xeográfica.Cómpre lembrar que Galicia se integrou por primeira vez no Sistema Cartográfico Nacional no ano 2010, mediante a subscrición do correspondente convenio.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo unha reunión de traballo co equipo directivo do seu departamento, coa fin de seguir planificando o operativo de vacinación dos diferentes colectivos. O executivo galego quere remarcar que, neste proceso de vacinación, os maiores de 80 anos son a súa prioridade. A vacinación dos maiores de 80 anos continúa toda esta Semana Santa, e seguirá a levarse a cabo en centros de saúde, dispositivos máis cercanos á cidadanía, co que se facilita a mobilidade deste colectivo. Unha vez que se remate coa vacinación da primeira dose neste colectivo, comezarase a vacinar ás persoas do grupo entre 79 e 75 anos.
« Anterior | 6  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (280)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES