Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a ampliación do bono turístico #QuedamosEnGalicia ao conxunto da poboación galega, co obxectivo de mobilizar en torno a 6,8 millóns de euros, inxectar actividade e impulsar a reactivación do turismo. Así, a segunda convocatoria deste bono abrirase a todos os cidadáns maiores de idade empadroados nun concello galego, e que non foran beneficiados na convocatoria de 2020. E a Xunta asumirá o 60% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 40%.
A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG) amosan ao público este mes de marzo os proxectos artísticos Clásicas desfeitas, coproducidos por ambas institucións da Xunta de Galicia no marco do programa das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021 impulsado polo Goberno autonómico. Nestas estadías creativas unha trintena de artistas traballaron con nove textos clásicos para reinterpretalos e ofrecer unhas anovadoras versións. O resultado do primeiro proxecto darase a coñecer esta fin de semana. Deste xeito, o sábado 13 e o domingo 14 de marzo a compañía Nononon Lab representará ás 12,00 h. nas Torres Hejduk o Volume I de Clásicas desfeitas.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o acordo co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, para que o Goberno central e a Xunta de Galicia deseñen conxuntamente as bonificacións das peaxes da AP-9. 'Ao que nos comprometemos hoxe é a que a Comunidade poida participar, xunto co Goberno, no deseño das bonificacións das peaxes da AP-9, co obxectivo de que a proposta que se faga á concesionaria sexa unha proposta acordada', explicou tras a reunión mantida esta mañá no Ministerio.
Co obxectivo de xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista,vense de poñer en marcha a iniciativa Xacobeo Peregrinas, un ciclo de dez encontros multidisciplinares que se desenvolverán nos Camiños de Santiago ata fin de ano. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro presentou esta mañá a acción.
O 2021 será o ano de maior actividade expositiva na Cidade da Cultura, cunha vintena de mostras e intervencións artísticas. Procúrase así consolidar o Gaiás como factoría cultural, provedora de contidos para outros espazos de Galicia, cun programa de itinerancias que levará proxectos como Galicia, de Nós a nós, As miradas de Isaac ou Galicia Futura a diferentes lugares da Comunidade. O complexo continuará, ademais, a liña de dixitalización iniciada en 2020 para seguir conectada co seu público a través das novas tecnoloxías, con tours virtuais, foros en streaming ou o programa didáctico de visitas a través de videoconferencias cos guías do Museo.
A Xunta consensuará cos representantes da hostalería galega os pasos que se van dar para a progresiva reapertura do sector no marco dunha desescalada gradual e segura, tal e como se acordou hoxe nun encontro entre os representantes da Administración autonómica e dos hosteleiros para coñecer as prioridades do sector nun proceso baseado na baixada de contaxios e que é froito dun esforzo colectivo. De feito, pese a que nos últimos días se incrementaron os controis sobre as restricións, as denuncias baixaron, proba do bo comportamento dos clientes e do interese dos profesionais por cumprir as normas do plan de hostalería segura.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta dos efectos que pode ter na pesca a saída do Reino Unido da UE e das actuacións da Xunta ante esta situación. Nesta liña a titular de Mar explicou que Galicia está a trazar unha folla de ruta a longo prazo para defender os intereses marítimo-pesqueiros ante o impacto do brexit. Este labor, especificou Rosa Quintana, estase a realizar no marco do grupo de traballo creado no Consello Galego de Pesca para tal fin e baixo dúas cuestións fundamentais, que son a unidade co sector e a rigorosidade dos argumentos da comunidade autónoma.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.422, deles 1.211 son da área da Coruña, 282 da de Lugo, 219 da de Ourense, 442 da de Pontevedra, 610 da área de Vigo, 379 da de Santiago e 279 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 292 en unidades de hospitalización e 3.053 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 108.192 persoas curadas, rexistrándose 2.278 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.726.452. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 278.772.
O Centro Dramático Galego (CDG) vén de sumarse á iniciativa Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas, promovida pola asociación para a igualdade de xénero na cultura Clásicas e Modernas. O director do CDG, Fran Núñez, formalizou a adhesión xunto coas representantes do colectivo en Galicia Mariana Carballal e Estíbaliz Veiga, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Deste xeito o CDG comprométese a impulsar accións a prol da igualdade nos ámbitos da produción e a difusión, da gobernanza e da comunicación por un período de tres anos, en liña co traballo desenvolvido pola anterior dirección.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.514, deles 1.247 son da área da Coruña, 304 da de Lugo, 225 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 606 da área de Vigo, 387 da de Santiago e 288 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 319 en unidades de hospitalización e 3.116 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 107.951 persoas curadas, rexistrándose 2.275 falecementos. Os últimos falecementos rexistrados nos centros hospitalarios galegos foron un varón de 79 anos que estaba ingresado no HULA; catro varóns de 78, 92, 78 e 67 anos que estaban ingresados no CHUAC e dous varóns de 83 e 77 anos, que estaban ingresado no CHUS.
« Anterior | 5  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES