Noticias

'Xacobeo Peregrinas', un ciclo de encontros multidisciplinares que afondarán no Camiño de Santiago cunha perspectiva de xénero

Co obxectivo de xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista,vense de poñer en marcha a iniciativa Xacobeo Peregrinas, un ciclo de dez encontros multidisciplinares que se desenvolverán nos Camiños de Santiago ata fin de ano. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro presentou esta mañá a acción.

'Xacobeo Peregrinas ten na experiencia da viaxe, do encontro e da reflexión, a súa razón de ser, como unha profunda reflexión sobre a nosa sociedade e os seus retos coa perspectiva que aportan estas mulleres'. O programa Xacobeo Peregrinas componse de dez encontros en formato híbrido, presencial e virtual, que se celebrarán con periodicidade mensual en dez emprazamentos diferentes dos Camiños de Santiago.

En cada un deles participarán destacadas convidadas nacionais e internacionais, recoñecidas pola súa aportación en diversas áreas de coñecemento (artes, ciencia, gastronomía...), que conversarán sobre a súas vivencias persoais e profesionais en relación co Camiño. “Buscamos dar a coñecer ao público potencial os Camiños de Santiago desde outras perspectivas”, explicou Nava Castro sobre a iniciativa.

Primeira cita, Santiago

Cada unha das sesións terá un eixe temático e un emprazamento singular. A primeira delas terá lugar este sábado, 13 de marzo, na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela. A novelista Espido Freire, a investigadora experta en nanotecnoloxía María José Alonso, a Estrella Michelin Lucía Freitas e a médica e paratriatleta olímpica Susana Rodríguez Gacio, serán as convidadas desta primeira sesión, que será conducida pola xornalista María Solar e retrasmitida vía streaming.

R., 2021-03-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES