Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

O CDG pon á disposición dos centros educativos e da sociedade en xeral o recurso pedagóxico 'Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia', destinado a achegarlles aos máis novos a realidade da escena. Trátase dunha publicación dixital elaborada por Sheila García Prado e Ana García Seoane ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. O traballo inclúe un percorrido polos principais espazos teatrais de Galicia ─entre eles, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, a sede do CDG─ e afonda nos elementos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como as personaxes, a luz ou a escenografía.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.658, deles 1.064 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 170 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 472 da área de Vigo, 288 da de Santiago e 232 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 235 en unidades de hospitalización e 2.365 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.193 persoas curadas, rexistrándose 2.306 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.775.606. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 360.402.
Sector turístico, universidades galegas e Xunta de Galicia traballan no deseño do futuro modelo turístico galego, que se baseará na sustentabilidade e na calidade. Con ese obxectivo, a Administración autonómica vén de poñer en marcha Turislab, a primeira aceleradora galega especializada no sector do turismo. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a presentación desta iniciativa, que pretende ser unha rede de recursos innovadores e de alto impacto especializada no turismo sostible e de calidade. Nun acto ao que asistiu tamén a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, a Xunta reafirmou o seu compromiso cun sector que pode ser clave na recuperación económica de Galicia logo da pandemia.
A Xunta prevé duplicar o número de alumnos de ESO que emprega libro dixital o próximo curso. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación da nova convocatoria de E-Dixgal para o vindeiro ano académico, na que tomou tamén parte a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. O titular do departamento educativo da Xunta explicou que a principal novidade da convocatoria para o curso 2021/2022 é a extensión do proxecto aos cursos de 3 e 4º de ESO (ata o momento só se aplica a 5º e 6º de Primaria e a 1 e 2º de ESO).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.685, deles 1.076 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 181 da de Ourense, 230 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 293 da de Santiago e 243 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 65 están en UCI, 248 en unidades de hospitalización e 2.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.037 persoas curadas, rexistrándose 2.303 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.769.117. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 344.870.
A terceira edición do programa de dinamización lingüística 21 Días co Galego e +, da Xunta de Galicia, conclúe hoxe o reto coa lingua galega ao que se sumaron hai tres semanas máis de 3000 alumnas e alumnos de educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, que se comprometeron a falar só en galego durante as 24 horas do día nas 21 xornadas de duración que marca a iniciativa, tanto dentro coma fóra da contorna escolar. Dez centros de ensino, un deles por primeira vez de Primaria, pechan así unha ampla e intensa programación desenvolta durante máis de 500 horas.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) converterase na nova Filmoteca de Galicia coincidindo co seu trixésimo aniversario para reforzar o seu traballo arquivístico, de recuperación e dixitalización de fondos fílmicos. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade nun acto conmemorativo no día no que se cumpren 30 anos desde a súa apertura o 15 de marzo de 1991, e no que subliñou o papel do centro como “custodio do patrimonio audiovisual galego, garante da súa conservación e cómplice da súa difusión” que neste tempo soubo combinar a conservación e recuperación fílmica galega coa proxección de películas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.682, deles 1.053 son da área da Coruña, 203 da de Lugo, 186 da de Ourense, 244 da de Pontevedra, 451 da área de Vigo, 299 da de Santiago e 246 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 74 están en UCI, 251 en unidades de hospitalización e 2.357 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 109.904 persoas curadas, rexistrándose 2.300 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.764.416. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 336.761.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.931 deles 1.106 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 199 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 532 da área de Vigo, 314 da de Santiago e 227 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 2.601 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 109.165 persoas curadas, rexistrándose 2.289 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.746.721. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 311.103.
Todos os concellos de Galicia sitúanse no nivel medio de restricións, agás A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela que quedan no nivel máximo e Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada que están no nivel alto. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de informar en rolda de prensa celebrada na Coruña, das conclusións ás que chegou o subcomité clínico, logo da xuntanza mantida esta mañá. Ademais concretou que os concellos de Bóveda, Castroverde, Carballeda de Avia, Coles, Leiro e Maside van estar en especial vixilancia.
« Anterior | 4  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES