
Neste sentido, salientou as máis de 350.000 pezas audiovisuais que conseguiu recompilar, onde se inclúen máis de 3.300 títulos cinematográficos en celuloide, dos que máis de 1.100 son galegos; 11.000 títulos videográficos, 9.000 deles galegos; 250.000 fotografías e 10.900 carteis, así como 11.000 libros especializados, 6.000 publicacións ou 9.500 títulos en DVD, Blu-ray e VHS.
Tamén se referiu á importante función de promoción do audiovisual galego da filmoteca autonómica nestes anos, con preto de 350.000 espectadores nas case que 8.000 fitas proxectadas ou os máis de 35.000 escolares de 330 centros educativos nas sesións didácticas realizadas especialmente para eles. O CGAI é, sen dúbida, un espazo en continuo avance, que quere e debe ser tanto testemuña como protagonista do mundo audiovisual galego do século XXI, expresou.
Máis que un cambio de denominación
Por iso, no marco desta progresión, o CGAI emprende un novo proceso co que pasará a denominarse oficialmente Filmoteca de Galicia para reforzar a súa faceta arquivística, en liña coas principais estruturas análogas do resto do Estado e de nivel internacional, coas que vén colaborando. No horizonte máis inmediato, ten encomendados traballos de colaboración coa Filmoteca Española para a recuperación do denominado Fondo Barreiro, os materiais audiovisuais asinados polos irmáns pontevedreses Enrique e Ramón Barreiro, pioneiros do cinema en Galicia, ou a dixitalización de todos os materiais fílmicos galegos, que compoñen a nosa historia audiovisual, e que estean nestes momentos libres de dereitos ou con dereitos localizables.
Dáse así continuidade ás funcións de recuperación levadas a cabo nos últimos anos conservando pezas de especial interese, como a dixitalización do Arquivo Navantia. Un traballo minucioso e exhaustivo de catro anos que nos permite ter documentada unha parte de historia de Galicia clave para o noso desenvolvemento histórico, afirmou. Precisamente, co gallo desta efeméride, entregouse hoxe o Arquivo Navantia, un dos últimos traballos de recuperación documental realizados polo CGAI.
Trátase dun cento de películas datadas entre 1951 e 1982 que conteñen materiais e escenas moi variadas: desde as botaduras de buques desde os antigos estaleiros de Bazán e Astano ata documentos didácticos e escenas no traballo destas factorías ou da vida na época en toda a comarca ferrolá. Estes fondos quedan xa en perfecta conservación e catalogación e hoxe, neste día tan sinalado, nos comprace entregarllos aos responsables actuais dos estaleiros da ría de Ferrol, indicou o conselleiro.
Retos de futuro
Román Rodríguez chamou a atención sobre o papel do CGAI como testemuña da historia cinematográfica galega e avanzou que nesta nova etapa bautízase a súa sala de proxeccións co nome de José Sellier, en homenaxe a un persoeiro único que a finais do século XIX realizou as primeiras exhibicións de cinematógrafo no seu estudo situado na Coruña con moitas gravacións da súa propia autoría.
Avanzou, ademais, que de xeito inminente, tras a próxima aprobación do Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), se abrirá o mecanismo para a dotación do posto de dirección e se integrará oficialmente na súa estrutura, un proceso que busca reforzar a capacidade da Agadic na súa actividade de apoio ao sector.
Estas paredes continuarán a ser o fogar que salvagarda a nosa produción audiovisual, sen renunciar a ser un compañeiro de viaxe da experiencia de consumir o mellor cinema en pantalla grande, explicou. Por iso tamén, a filmoteca autonómica vai asumir tarefas de mellora e acondicionamento das súas instalacións que incluirá, entre outras, a renovación da insonorización e a cabina de proxección.
A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.