Archivo (10 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 505 deles 139 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 86 da de Ourense, 65 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 63 da de Santiago e 33 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 22 en unidades de hospitalización e 480 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.029 persoas curadas, rexistrándose 2.652 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.894.051. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.464.194.
Unha decena de empresas integran a delegación galega en Womex, a Worldwide Music Expo que se está a desenvolver na cidade portuguesa do Porto, recuperando así a súa celebración presencial tras a edición en liña do ano pasado. A Xunta apoia a presenza da nosa música neste multitudinario encontro internacional coa organización dun encontro coas promotoras galegas acreditadas, así como a través da colaboración coas Tanxugueiras para o concerto que ofrecerán dentro do programa oficial. A primeira destas citas terá lugar o venres no Noble Hall do Centro de Congressos Alfândega do Porto, que aloxa o recinto feiral desta 27ª edición de Womex.
Entre as e os artistas que fotografaron os lugares, camiños e as xentes da parte galega desta ruta desde o século XIX ata os nosos días, e que aparecen compilados nesta nova exposición, cóntanse José Suárez, Otto Wunderlich, Carmenchu Alemán, José Moreira, Joaquín Pintos, Jaime Pacheco ou Vari Caramés, entre outros moitos. Por outra banda, nos vieiros do percorrido en Portugal, os rostros e vilas que o poboan foron retratadas por Artur Pastor, Emilio Biel, Alberto Marçal Brandão, Octávio Lixá Filgueiras, Nicolás Muller, Juan Rodríguez, Juan Manuel Castro Prieto, Guedes, José Gouveia Gomes Junior, Aurelio Paz dos Reis ou Helga Schmidt-Glassner.
O Polo Aeroespacial foi presentado no marco do congreso World ATM Congress, a principal conferencia a nivel mundial sobre xestión do tráfico aéreo, e Expodrónica, a feira de drons máis importante no sur de Europa, que se están a celebrar conxuntamente estes días no recinto feiral de Ifema. O Polo Aeroespacial de Galicia preséntase como unha iniciativa estratéxica con grande capacidade transformadora e importantes resultados acadados na fase anterior 2015-2020: 164 millóns de euros de investimento público-privado mobilizado; colaboración con empresas tractoras como Indra, Babcock e Boeing, máis de 900 profesionais, 60 solucións tecnolóxicas e cinco novas empresas en Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 473 deles 142 son da área da Coruña, 41 da de Lugo, 61 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 76 da área de Vigo, 61 da de Santiago e 32 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 19 en unidades de hospitalización e 449 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.969 persoas curadas, rexistrándose 2.651 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.889.731. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.441.592.
Inaugurouse na Cidade da Cultura unha exposición coa que se celebran os 10 anos da posta en marcha da Biblioteca de Galicia no Gaiás. Unha década na que a institución conseguiu converterse nun referente cultural custodiando importantes coleccións constituídas por documentos tan antigos como os incunables Libro de las propiedades de las cosas (1494) ou Sermones de patientia in Job (1471). Estas serán dúas das máis de 70 pezas que poderán contemplar os visitantes desta mostra que queda aberta ao público ata o 31 e maio do 2022 no vestíbulo do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
O Comité Educativo amósase partidario dunha desescalada simétrica e prudente no ensino acorde coa que se está dando no conxunto da sociedade logo de que Galicia abandonara a situación de emerxencia sanitaria. Isto é, que a desescalada que se está facendo efectiva na sociedade teña unha adaptación nos centros educativos, segundo expuxeron esta mañá os integrantes deste órgano asesor en materia educativa nunha xuntanza presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. Así pois, dado que a progresiva normalización da situación sanitaria na sociedade en xeral ten o seu reflexo nas aulas, o Comité Educativo considera axeitado comezar a abordar unha posible flexibilización no protocolo covid escolar.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 419 deles 130 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 42 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 70 da área de Vigo, 69 da de Santiago e 24 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 394 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.923 persoas curadas, rexistrándose 2.649 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.885.891. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.420.248.
New Medical Economics, revista especializada no sector sanitario, vén de distinguir a Galicia como a Comunidade Autónoma con actividade sanitaria máis innovadora, logo de reconto de votos dos lectores e do Consello Editorial. Galicia destacou este ano no uso das tecnoloxías da información aplicadas a todo o proceso de vixilancia, vacinación e atención sanitaria á covid, na implantación de procesos de teleasistencia e abrindo novas canles de atención sanitaria á cidadanía a través da app SergasMobil (videoconferencia, tarxeta sanitaria virtual ou o acceso aos certificados europeos de vacinación).
Ao longo de tres días a Cidade da Cultura acollerá representantes da Organización Mundial da Saúde ou a OCDE, científicos recoñecidos por algunhas das institucións máis prestixiosas do mundo, personalidades distinguidas con galardóns como o Premio Nacional de Ensaio, os Premios Princesa de Girona, premios de divulgación científica ou recoñecementos polo seu traballo en causas humanitarias e medioambientais.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES