Noticias

O Comité Educativo amósase partidario dunha desescalada simétrica e prudente no ensino

O Comité Educativo amósase partidario dunha desescalada simétrica e prudente no ensino acorde coa que se está dando no conxunto da sociedade logo de que Galicia abandonara a situación de emerxencia sanitaria. Isto é, que a desescalada que se está facendo efectiva na sociedade teña unha adaptación nos centros educativos, segundo expuxeron esta mañá os integrantes deste órgano asesor en materia educativa nunha xuntanza presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. Así pois, dado que a progresiva normalización da situación sanitaria na sociedade en xeral ten o seu reflexo nas aulas, o Comité Educativo considera axeitado comezar a abordar unha posible flexibilización no protocolo covid escolar.

En todo caso, o conselleiro subliñou que esa flexibilización deberá respectar o marco establecido polas autoridades sanitarias galegas, así como na Declaración de Actuacións Coordinadas (DAC) entre os ministerios de Sanidade e Educación e as comunidades autónomas.

Os integrantes do Comité Educativo coincidiron en que esta apertura tería un “impacto positivo” para o conxunto da comunidade educativa polo que deberían terse en conta á hora dunha modificación do protocolo, sempre co aval do Comité Clínico, a quen se trasladará unha proposta para a súa avaliación.

r, 2021-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES