Archivo (10 del 2021)

Buscador

Noticias

Alberto Núñez Feijóo e o presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno Bonilla, acordaron impulsar a cooperación entre ambas comunidades para lograr unha economía competitiva e sustentable co apoio dos Next Generation e a cogobernanza efectiva. Unha colaboración que quedou plasmada nunha declaración conxunta, asinada por ambos os presidentes. Entre os asuntos abordados, o responsable do Goberno galego referiuse primeiramente ao Camiño de Santiago e ao compromiso de impulsar a Vía da Prata, a través do grupo de traballo entre Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia.
Galicia segue a medrar no que as súas vendas ao exterior se refire. Unha tendencia que xa comezou a reflectirse nos últimos meses do ano 2020, e que se consolida neste exercicio. De tal feito que, como amosan os últimos datos dispoñibles, as exportacións galegas veñen de acadar, entre xaneiro e agosto, un récord histórico no acumulado destes primeiros oito meses de 2021. En concreto, durante este período as vendas ao exterior da Comunidade rozan os 15.000 millóns de euros, o que se supón un incremento de case o 23% con respecto ao mesmo período do ano pasado, situando a Galicia un punto por riba da media estatal. Deste xeito, as exportacións galegas superan nun 3% o rexistro do 2018, e nun 6,4% o do 2019, os mellores anos ata o de agora.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, anunciou en rolda de prensa que o Consello da Xunta declarou a finalización da situación de emerxencia sanitaria, que estaba declarada dende o día 13 de marzo de 2020. Ademais, increméntanse os aforos ata o 100% e a hostalería e ocio nocturno amplían os seus horarios. Rueda especificou que o levantamento da emerxencia sanitaria non significa que a Comunidade quede sen ferramentas no caso de que sexa necesario actuar. 'Galicia conta agora cunha lei específica para xestionar a pandemia que nos permite, en caso de empeoramento ou dun novo gromo, tomar decisións coas máximas garantías de eficacia e tamén de seguridade xurídica', aseverou.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 421 deles 138 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 37 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 77 da área de Vigo, 68 da de Santiago e 20 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 392 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.810 persoas curadas, rexistrándose 2.648 falecementos.
Inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura 'Castillo, escultor', a primeira exposición retrospectiva realizada ata o momento que se centra na escultura de Jorge Castillo, unha faceta artística que se ben é máis descoñecida, comparte a grandeza da súa obra pictórica. Esta escolma de 120 obras percorre as seis décadas de traxectoria dun dos artistas galegos vivos de maior prestixio e relevancia internacional, cuxa obra forma parte de importantes coleccións de arte de todo o mundo, como o Carnegie Institute de Pittsburgh, o San Francisco Museum of Modern Art, o Guggenheim Museum de Nova York ou a Nationalgalerie de Berlín.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o secretario xeral técnico da consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e a directora xeral de Saúde Pública, Carme Durán, presentaron a campaña de vacinación antigripal 2021, que terá como principal novidade a administración simultánea das vacinas da gripe e da covid-19 entre a poboación de 80 ou máis anos. Durante o acto celebrado esta mañá na sede da Axencia Galega de Coñecemento de Saúde, o titular de Sanidade explicou que os centros de saúde de cada área sanitaria citarán -vía SMS- ás persoas de 80 ou máis anos para vacinarse.
Máis de 1.100.000 contribuíntes se beneficiarán da nova rebaixa na tarifa autonómica do IRPF para as rendas medias e baixas incluída nos Orzamentos da Xunta do vindeiro ano, o que supón máis do 90%. En concreto, implántase unha nova escala e rebáixanse os tipos en todos os tramos inferiores a 60.000 euros, co que Galicia reforza a súa posición como unha das CC.AA. con menor tributación para as rendas medias e baixas. Así o recolle o proxecto de Lei de Orzamentos para 2022, que ascende a 11.627 millóns de euros, un 6,9% máis que no vixente exercicio e que foi entregado hoxe no Parlamento polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, xunto ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 438 deles 145 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 44 da de Ourense, 42 da de Pontevedra, 79 da área de Vigo, 72 da de Santiago e 16 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 407 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.765 persoas curadas, rexistrándose 2.648 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.876.500. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.414.102.
O Museo do Pobo Galego acollerá desde o venres ata o domingo a primeira edición de Soa Bonaval, un novo festival con concertos, conversas e itinerarios sonoros polas salas do museo que conta co apoio da Xunta de Galicia. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da iniciativa que se enmarca na colaboración que o Goberno galego ten co museo. “É, ademais, unha nova proposta cultural que se suma as máis de 2.500 iniciativas que apoiamos este outono para impulsar aos creadores galegos e animar a participar da reactivación da cultura despois duns meses complicados”, expresou.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 432 deles 140 son da área da Coruña, 45 da de Lugo, 49 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 77 da área de Vigo, 70 da de Santiago e 15 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 398 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.738 persoas curadas, rexistrándose 2.648 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.874.023.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (170)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES