
A maiores da fin da emerxencia sanitaria, o comité clínico abordou na súa reunión de onte o incremento dos aforos ata o 100% en practicamente todos os ámbitos, tanto no interior como no exterior.
No que atinxe aos horarios, o vicepresidente primeiro explicou que no ámbito de hostalería estenderase o horario de apertura na noite dos venres e dos sábados, ata a 1,30 horas mentres que os restantes días a limitación horaria fíxase ata as 1 horas da madrugada.
Polo que respecta ao ocio nocturno, nas noites do venres e o sábado, os locais poderán estar abertos ata as 4,30 horas e os restantes días da semana ata as 4,00 h. Así mesmo, no caso das discotecas e salas de festa, o seu horario de apertura estenderase ata as 5 horas da mañá todos os días da semana.
O vicepresidente primeiro explicou que no ocio nocturno se mantén a necesidade de acreditar o certificado de vacinación. Ademais puxo en valor que a aplicación PassCovid conta desde hoxe cun lector de códigos para axilizar tanto o sistema de acceso como o rastrexo.
Rueda tamén explicou que se levantan as medidas excepcionais que aínda se mantiñan en vigor nas residencias sociosanitarias. Deste xeito, todos os residentes poderán saír como facían antes da pandemia e tamén se recuperan as visitas, gardando coma sempre as precaucións e tamén a cita previa. A maiores tamén se seguirá cos cribados periódicos aos profesionais que traballan nestes centros.
Todas estas medidas entrarán en vigor o vindeiro sábado, 23 de outubro.
Logo de lembrar que será necesario manter as máscaras en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de metro e medio, o vicepresidente primeiro salientou que todas estas medidas nos levan cara a normalidade de antes ou, cando menos, á nova normalidade.
Deste xeito, non está previsto que se manteña a periodicidade semanal do comité clínico, aínda que seguirá activo o subcomité para avaliar a situación e poder seguir asesorando na toma de decisións.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.