Archivo (10 del 2021)

Buscador

Noticias

A conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia, organizada pola Confederación empresarial da Rexión do Miño, (ConfMinho), celebrada hoxe en Braga amosou que os empresarios e os axentes políticos de Galicia e o Norte de Portugal están decididos a aproveitar ao máximo, e en total sintonía, as oportunidades que ofrece para a Eurorrexión o novo marco financeiro plurianual 2021-2027. En concreto, os relatores apostaron polo tren de alta velocidade e a transición dixital, se ben coincidiron tamén á hora de pedir unha maior cohesión territorial na Eurorrexión.
A transformación dixital está a mudar a configuración do persoal do tecido produtivo galego. Este ano un 13,6% das empresas galegas de 10 ou máis empregados conta con perfís TIC entre os seus traballadores e un 9% contratou ou tentou contratar un especialista do ámbito tecnolóxico no último ano. A pesar de que aínda son porcentaxes baixas polo carácter emerxente destas tecnoloxías, Galicia ocupa a segunda posición entre as comunidades que contratan perfís especialistas en Intelixencia Artificial e o noveno posto en Ciberseguridade. Os datos tamén reflicten o impacto da Covid-19 na adopción do teletraballo. Así o 45,3% das empresas de máis de 10 empregados afirma contar con persoal que teletraballa.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou trala reunión do Consello Extraordinario da Xunta os Orzamentos de 2022, os máis altos da historia, dixo, para pasar á reactivación e á recuperación, cos maiores recursos para o gasto social e o emprego e con novas rebaixas fiscais. Logo de incidir en que estes Orzamentos se aproban 'en tempo e forma' para que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2022, Feijóo aseverou que 'aprobamos hoxe unhas contas que se porán ao servizo dunha nova fase económica marcada pola superación da crise sanitaria e coa intención de pasar da reactivación á recuperación: co maior orzamento da historia, cun reforzo sen precedentes no gasto social e no investimento produtivo, cun menor gasto en xuros e cunha nova baixada de impostos'.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 450 deles 134 son da área da Coruña, 35 da de Lugo, 51 da de Ourense, 53 da de Pontevedra, 74 da área de Vigo, 74 da de Santiago e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 17 en unidades de hospitalización e 427 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.934 persoas curadas, rexistrándose 2.650 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.887.356. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.430.496.
As bibliotecas públicas da Xunta nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como a Biblioteca de Galicia, súmanse á conmemoración do Día das escritoras, que nesta sexta edición se celebra o 18 de outubro. A efeméride impulsada pola Biblioteca Nacional de España, xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias, e á Asociación Clásicas e Modernas ten como obxectivo a posta en valor do legado cultural das autoras literarias ao longo da historia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 472 deles 153 son da área da Coruña, 51 da de Lugo, 71 da de Ourense, 27 da de Pontevedra, 87 da área de Vigo, 72 da de Santiago e 11 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 434 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.602 persoas curadas, rexistrándose 2.646 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.866.923.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 M€ sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os cartos cheguen a quen máis o precisa. A este respecto, Feijóo explicou que foron os problemas burocráticos derivados dos requisitos impostos polo Goberno no reparto das axudas do 3º Plan de rescate os impediron que esa cantidade fose distribuída.
Por enriba das condicións meteorolóxicas, o que realmente incidiu, de xeito decisivo, na transmisión da COVID-19 foi o comportamento da poboación, así como as intervencións gobernamentais. Esta é a principal achega dun estudo no que toma parte o profesor da USC Dominic Royé e que analizou o potencial influxo da meteoroloxía na transmisión do SARS-CoV-2 en 409 cidades de todo o mundo pertencentes a 26 países. O artigo titulado ‘A cross-sectional analysis of meteorological factors and SARS-CoV-2 transmission in 409 cities across 26 countries’ e que acaba de ver a luz en Nature Communications, evidencia como a medida que a temperatura ascendía nun intervalo comprendido entre os dez e os 20 graos, producíase un modesto descenso na transmisión do virus.
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle todos os xoves deste mes o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa Quintas do Camões, organizado polo Centro Dramático Galego e a sede de Vigo do Centro Cultural Português do Camões. Haberá tres funcións que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de outubro. O Centro Dramático de Viana/Teatro do Noroeste, de Viana do Castelo, abrirá mañá este novo programa coa obra sobre a manipulación informativa Rottweiler, do dramaturgo Guillermo Heras.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 495 deles 152 son da área da Coruña, 66 da de Lugo, 72 da de Ourense, 31 da de Pontevedra, 97 da área de Vigo, 68 da de Santiago e 9 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 450 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.529 persoas curadas, rexistrándose 2.643 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.863.171. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.403.799.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES