
Con todo, os autores do estudo subliñan que á hora de identificar os factores cruciais no proceso de transmisión, o rol xogado polos gobernos é seis veces máis relevante que o da temperatura nas cidades obxecto de estudo. En concreto, no caso español, analizáronse un total de 52 núcleos poboacionais.
Estudo pioneiro
Este é o primeiro estudo que usa unha base de datos global relativa a casos da COVID-19 que toma como referencia as cidades, sinala Dominic Royé. A nosa intención era avaliar o rol potencial da meteoroloxía nas dinámicas de transmisión local da COVID-19 durante a primeira vaga da pandemia, continúa o profesor da USC. En concreto, o equipo de investigadores botou man dunha base de datos composta por tres millóns de casos de persoas infectadas polo SARS-CoV-2 ata o 31 de maio de 2020. Analizamos a reprodución efectiva do virus en cada cidade ao longo dun período de 20 días, así como as condicións meteorolóxicas observadas durante a mesma franxa de tempo, engade o profesor Royé, quen matiza que á hora de afondar na reprodución do virus, tomáronse en consideración as intervencións dos gobernos, a calidade do aire, así como indicadores socio-económicos.
A investigación achega unha pequena evidencia de que as condicións meteorolóxicas teñen certa influencia nas etapas temperás das epidemias locais, sinala Royé. Así, o estudo constata, por exemplo, que das 136 cidades que posuían un nivel alto de transmisión do virus, 35 posuían temperaturas baixas; 64, temperaturas medias; e 34, altas temperaturas. De cara a futuras investigacións, os autores subliñan que os estudos que avalíen o papel dos factores meteorolóxicos na COVID-19 tamén deberán ter en consideración a cobertura da vacinación mundial.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.