
A vindeira semana, o día 21, será a quenda de Odilia, de Teatro Viriato, de Viseu. Este espectáculo-lectura dramatizada, con texto e imaxes de Patrícia Portela e interpretado por Célia Fechas, conta a historia de Odilia, unha musa confusa que se presenta a unha entrevista de traballo para tarefas inspiradoras.
O peche porao na xornada do 28 Lendias dencantar, de Beja, con No límite da dor, baseado no libro homónimo de Ana Aranha e Carlos Ademar. O espectáculo quere apelar ao non esquecemento do pasado e mostrarlles ás xeracións de hoxe a dor vivida polos presos políticos do Estado Novo, na defensa do seu ideal de xustiza e loita por un mundo e unha sociedade mellores. Está interpretado por António Revez con dirección de Julio César Ramirez.
O ciclo Quintas do Camões enmárcase no aposta do Centro Dramático Galego por estreitar a colaboración entre as artes escénicas de Galicia e Portugal, como vía para reforzar a identidade común. A iniciativa diríxese tanto ao alumnado que está a aprender portugués como ao público en xeral que estea interesado na lingua e na cultura lusas.
Esta liña de acción deu lugar tamén á coprodución da unidade teatral da Xunta coa Companhia de Teatro de Braga A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, conmemorativa do 350º aniversario do texto escrito por Gabriel Feixoo de Araúxo e estreada no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro o pasado verán.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.