Noticias

A vendima remata nas cinco denominacións de orixe galegas con preto de 76 millóns de quilos de uva recollidos, a terceira máis abondosa da historia

A campaña da vendima deste ano pechouse con case 76 millóns de uvas recollidos, sendo a terceira máis abondosa desde que hai datos, logo da de 2011 e 2023, segundo amosa un informe cos datos achegados polos consellos reguladores. En concreto, as máis de 7.600 explotacións e 400 adegas das denominacións de orixe de Galicia recolleron 75.871.804 quilos de uva, cun incremento do peso relativo da uva branca. Xa representa máis do 90% da colleita con 68.642.691 quilos, mentres que a uva tinta achegou 7.229.113 kg ao total vendimado. Rías Baixas e Monterrei incrementaron a uva recollida chegando a récords históricos mentres no Ribeiro, Valdeorras e Ribeira Sacra rexistraron lixeiros descensos. A caída nalgunha delas está, en boa medida, relacionada coa seca prolongada deste verán, que deu lugar a acios con menos peso.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que a campaña da vendima deste ano “pechouse con case 76 millóns de uvas recollidos, sendo a terceira máis abondosa desde que hai datos”, logo da de 2011 e 2023, segundo amosa un informe cos datos achegados polos consellos reguladores.

En concreto, as máis de 7.600 explotacións e 400 adegas das denominacións de orixe de Galicia recolleron 75.871.804 quilos de uva, cun incremento do peso relativo da uva branca. Xa representa máis do 90% da colleita con 68.642.691 quilos, mentres que a uva tinta achegou 7.229.113 kg ao total vendimado.

Rueda destacou que, neste campaña, “Rías Baixas e Monterrei incrementaron a uva recollida chegando a récords históricos mentres no Ribeiro, Valdeorras e Ribeira Sacra rexistraron lixeiros descensos”. A caída nalgunha delas está, en boa medida, relacionada coa seca prolongada deste verán, que deu lugar a acios con menos peso. Ademais, cómpre lembrar que algunhas zonas se viron afectadas pola vaga de incendios do pasado mes de agosto, aínda que os datos absolutos non reflicten unha afectación relevante.

Na denominación de orixe Rías Baixas, a cantidade de uva que entrou nas adegas supuxo un incremento dun 20 % respecto da media do decenio 2016-2025 e foi un 13 % superior á da campaña 2024. Esta DO caracterízase polo predominio das variedades de uva branca, cun 99 % do recollido. Entre elas destaca a albariña, que cun 97 % do total producido é a gran protagonista da denominación. Cómpre salientar que, por primeira vez, rexistrouse a entrada de uva da variedade branca ratiño galega, admitida para esta DO no ano 2023.

A denominación de orixe Ribeiro é a segunda en canto a volume recollido, cun 27 % de cantidade de uva menos que na campaña pasada, condicionada pola seca prolongada deste verán. Esta denominación está especializada na produción de viños brancos e, de feito, as variedades brancas representan un 95 % do total, fronte ao 5 % das tintas.

Na Ribeira Sacra, a cifra de uva vendimada é inferior á da pasada campaña, debido fundamentalmente á actual crise de excedentes polo descenso do consumo en xeral dos viños tintos. Nesta denominación de orixe o peso das variedades tintas chegou nesta vendima ata o 77 % da uva recollida, mentres que o das brancas quedouse nun 23 %.

A uva recollida en Valdeorras supón un incremento dun 20 % respecto da media dos últimos dez anos, pese a que descende nun 8 % con respecto á campaña precedente. En canto ao reparto varietal, nesta vendima colleitouse un 83 % de uva branca e un 17 % de tinta. Entre as brancas, destaca a variedade godello, a máis característica de Valdeorras, que representa o 95 % das uvas brancas.

Pola súa banda, o balance na denominación de orixe Monterrei é moi positivo, xa que acadou un récord absoluto de quilos colleitados, cun aumento do 5 % respecto do ano pasado e dun 35 % sobre a media do decenio 2016-2025. Neste territorio, a variedade godello supón o 64 % de toda a uva vendimada e o 81 % da branca, mentres que a mencía representou un 16 % de todas as variedades recollidas e o 77 % se o referimos ás tintas. Nesta DO destacan as variedades brancas, cun 79 % do total colleitado, fronte a un 21 % de tintas.

Apoios ao sector vitivinícola galego

Desde o Goberno galego apóiase ao sector vitivinícola, que tanta relevancia ten para a economía na nosa comunidade. Por iso, Rueda resaltou que no vindeiro ano 2026 destinaranse “arredor de 12 millóns de euros en diferentes liñas de axudas” para a reestruturación e reconversión de viñedo, para a promoción do viño galego en mercados de terceiros países ou para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, entre outros apoios. Tamén cómpre mencionar as axudas para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra e ademais, dada a importancia da promoción, no vindeiro ano reforzarase o Plan Saborea Calidade Diferenciada cun investimento de 10 millóns de euros, dous máis con respecto a este 2025.

R., 2025-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES