Notas de prensa

Bota a andar o Sprint de Innovación para xerar ideas innovadoras e con impacto

O Sprint de Innovación, unha nova actividade do Programa USC Emprende, pensada para persoas creativas e con interese polo emprendemento, desenvolverase o 21 de novembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo. Trátase dunha sesión de formación deseñada para xerar e visualizar ideas innovadoras e con impacto a través da metodoloxía Design Sprint, unha experiencia de innovación aberta para crear e validar ideas de forma áxil, na que se resolven retos nun período curto de tempo, de xeito transversal e colaborativo.

As persoas participantes adquirirán novas habilidades de emprendemento e traballo en equipo, cun enfoque práctico e orientado á acción

A actividade diríxese a estudantado de grao e mestrado da EPSE ou doutras titulacións que deben formalizar a inscrición, ata o 20 de novembro, a través dun formulario en liña. Deste xeito a comunidade universitaria participante entra a formar parte da comunidade USC Emprende para desenvolver o seu espírito emprendedor, aprender novas habilidades e descubrir novas posibilidades para os seus proxectos. Esta actividade computará para a obtención de 1 ECTS no marco do USC Emprende.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES