Notas de prensa

Contos de inverno para pór en valor a literatura de transmisión oral

Un ano máis, a literatura de transmisión oral súmase á programación cultural da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, cunha nova edición do ciclo Contos de inverno, que se desenvolverá nos tres próximos xoves na Casa das Campás. As contadoras Ánxeles Goás, Lorena Pinheiro e Ana Carreira serán nesta ocasión as protagonistas deste ciclo de contacontos para público adulto, que a Vicerreitoría promove coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación arranca este xoves 20 de novembro, con O medo é libre, un espectáculo no que Ánxeles Goás reúne unha selección de contos propios e de tradición oral que teñen no medo o seu eixe temático. Esta mestra e narradora oral reúne nesta proposta unha serie de “historias de vida que nos falan dos medos cos que convivimos día a día, que nos moven ou nos paralizan”, segundo recolle o seu texto de presentación.

Á semana seguinte, Contos de inverno continuará a súa programación con Lorena Pinheiro, quen combina o seu labor como narradora oral con proxectos de participación comunitaria e que achegará á Vicerreitoría 25 pasos, 25 pesetas. Presentado como unha “sesión chea de lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións e a chegada dos tempos modernos”, trátase dun espectáculo que toma como punto de partida a chegada do teléfono público a unha parroquia galega.

Este ciclo complétase o xoves 4 de decembro con Ana Carreira, quen presentará Historias pequenas de xente que non lle importa a ninguén, “cuxo repertorio xorde de fontes como a literatura, a tradición oral e o anecdotario persoal ou o imaxinario social”, sinala o seu texto de presentación. Narradora oral, actriz e dramaturga, faceta pola que foi recoñecida con diferentes premios, Carreira pechará eta programación cun “conxunto híbrido de contos cuxo nexo común son uns personaxes con pequenas vidas que non afectan á historia do mundo, pero que contan moito”.

Programadas todas elas para as 20.30 horas, estas tres sesións de contacontos súmanse á programación cultural da Vicerreitoría do campus, na que se insire tamén nestas datas o concerto que o grupo Zavala ofrecerá o vindeiro mércores 26 no Teatro Principal, dentro do ciclo Músicas para reCREAr.

Nova semana de recollida de RAAE

Alén da programación cultural, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove tamén desde este luns unha nova edición da Semana de Recollida de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), dirixida a concienciar á comunidade universitaria da importancia dun correcto tratamento deste tipo de residuos. Ata este venres 21, as diferentes facultades e escolas do campus, a sede da Vicerreitoría e o Pavillón Universitario disporán duns puntos de recollida onde depositar estes aparellos, que serán trasladados a un xestor autorizado para o seu tratamento.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES