Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

A cidade de Santiago acollerá a segunda edición do festival de música culta Ateneo Barroco, un festival que abre as portas ao outono non só a través de concertos, senón tamén con relatorios e proxeccións. A segunda edición de Ateneo Barroco comezará o vindeiro día 5 de outubro cunha conferencia inaugural e traerá a Santiago de Compostela cinco concertos e relatorios sobre instrumentos e o ciclo cinema que se celebrarán en distintos espazos cedidos polo Concello e a Universidade.
Galicia contará con dous plans de sostibilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela. Estes plans terán como fin promover accións de promoción nestes destinos e mellorar a súa competitividade. A decisión foi trasladada polo Goberno central ao vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, durante a reunión da Conferencia Sectorial de Turismo, á que tamén asistiron representantes do resto de comunidades autónomas e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Os Plans de sostibilidade turística foron unha das medidas acordadas o pasado xuño, na propia Conferencia Sectorial, para reactivar e dinamizar o sector.
O Banco de España volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor endebedamento de toda España, tal como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo organismo regulador. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 19,6% ao peche do segundo trimestre do ano. Galicia amplía así o diferencial coa media autonómica, sendo 6,5 puntos inferior á media de comunidades (26,1%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, presentaron nunha rolda de prensa na que participaron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa da cidade, Inés Rey, as bases da licitación do plan director da Cidade das TIC e do proxecto construtivo do Centro de Servizos Avanzados, o primeiro dos edificios que se porán en marcha. O reitor presentou ademais a páxina web específica do proxecto, que ofrece toda a información da Cidade das TIC e do seu desenvolvemento.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou nun encontro coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, no que lle trasladou a necesidade de apostar polo aspecto social na futura reforma da Política Pesqueira Común (PPC) atendendo de forma preferente ás persoas do sector pesqueiro e impulsando a remuda xeracional. A titular de Mar expuxo este e outros asuntos de actualidade no eido marítimo-pesqueiro galego no marco dun encontro celebrado ao amparo do grupo de traballo de pesqueiras da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) de Europa.
Teatro do Atlántico celebra esta semana na sede do Centro Dramático Galego os seus 35 anos sobre os escenarios coa reposición de catro das súas últimas montaxes máis recentes. Así, a compañía que dirixe Xúlio Lago porá en escena o xoves 1 de outubro Helena: xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco; o venres día 2, A conquista da escola de Madhubai, de Hèléne Cixous, e o sábado 3, Dúas donas que bailan, de Josep María Bernet i Jornet. O domingo día 3 resérvase para o espectáculo-recital de poesía galega contemporánea de varios autores De abrentes e ocasos. Teatro do Atlántico é unha das compañías galegas de máis prolixa e coherente traxectoria, constituída no ano 1985 por María Barcala e Xúlio Lago.
A directora xeral de Saúde Pública presentou a campaña de vacinación da gripe 2020, que ten como obxectivo xeral diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas do padecemento desta enfermidade, minimizando o efecto na saúde mediante a súa prevención. Tal e como destacou a directora xeral, outros obxectivos específicos da campaña, que arranca o día 13 de outubro e remata o 31 de decembro, por tanto, 12 semanas de xeito continuado, é acadar unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos e nos traballadores sanitarios do Sergas igual ou superior ao 75%. No caso das mulleres embarazadas e persoas con condición de risco, o obxectivo de cobertura sitúase unha porcentaxe igual ou superior ao 60%.
Un total de 38 centros educativos, nove dos cales son de nova incorporación, van impartir neste curso 2020/21 o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) que se implantou por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, e que se foi consolidando neste últimos dous anos con 558 alumnos matriculados (o 52% deles mulleres). Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos fomentar a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria e tendo en conta a perspectiva de xénero.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353, deles 999 son da área da Coruña, 552 da de Lugo, 743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 583 da de Santiago, e 153 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 469.694.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.461 deles 1.113 son da área da Coruña, 640 da de Lugo, 659 da de Ourense, 760 da de Pontevedra, 502 da área de Vigo, 608 da de Santiago, e 179 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 200 en unidades de hospitalización e 4.227 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.572 persoas curadas, rexistrándose 726 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e un home de 87 anos que estaba ingresado no HULA. Ademais, engádese o falecemento, no seu domicilio da área sanitaria de Lugo, dunha muller de 88 anos. Todos eles con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 446.098.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES