Noticias

Galicia contará con dous dos plans de sostibilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela

Galicia contará con dous plans de sostibilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela. Estes plans terán como fin promover accións de promoción nestes destinos e mellorar a súa competitividade. A decisión foi trasladada polo Goberno central ao vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, durante a reunión da Conferencia Sectorial de Turismo, á que tamén asistiron representantes do resto de comunidades autónomas e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Os Plans de sostibilidade turística foron unha das medidas acordadas o pasado xuño, na propia Conferencia Sectorial, para reactivar e dinamizar o sector.

Dentro desta iniciativa, a Xunta propuxo un total de catro plans: o de Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra, que foron aprobados; e outros dos para Ourense Termal –relativo a distintos concellos da provincia ourensá- e A Mariña Lucense. Non obstante, e malia a intención do Goberno autonómico de cofinanciar os catro proxectos, o Goberno Central só aprobou dous.

As propostas que presentou a Xunta foron as dos proxectos mellor puntuados dos 15 valorados por Turismo de Galicia, de acordo coa convocatoria desta liña de apoio aos destinos turísticos.

O programa de Plans de sostibilidade turística divídese en dous tipos, destinados a destinos pioneiros e destinos do medio rural ou do interior. O primeiro destes plans está dirixido a resolver os problemas que presentan os destinos maduros, caracterizados pola súa demanda turística o que ás veces supón sobrecarga urbanística e ambiental, como o caso de Santiago de Compostela; e os segundos, como o da Ribeira Sacra, van dirixidos a espazos con patrimonio cultural, en espazos naturais protexidos ou en zonas costeiras pouco desenvolvidas.

Rueda valorou a aprobación de ambos proxectos. Por un lado, o da capital galega, “pensando no Xacobeo” e en “xestionar os fluxos turísticos” que conflúen na cidade; e por outro lado, o da Ribeira Sacra, “para seguir mellorando ese destino e conseguir esa ansiada proclamación como Patrimonio da Humanidade”.

Medidas de apoio ao sector

Por outra parte, no marco da Conferencia Sectorial de Turismo o vicepresidente primeiro lembroulle aos representantes do Goberno central a necesidade de desenvolver novas medidas e manter as xa existentes para o apoio do sector turístico galego, que “é un dos principais motores económicos” da comunidade autónoma.

Así, Rueda manifestou a necesidade de manter os expedientes de regulación de emprego temporal máis aló da Semana Santa de 2021 e tomar esa decisión “canto antes” para evitar o peche de moitas empresas, “aportando tranquilidade” ás empresas ata o comezo da tempada media.

Ademais, o vicepresidente primeiro avogou pola redución do IVE turístico ao 4% de xeito temporal, “un estímulo clarísimo, que reclama todo o sector e que lles daría moito osíxeno”.

Por último o máximo responsable de Turismo da Xunta de Galicia solicitoulle de novo ao Goberno Central que intensifique e concrete a súa implicación co proxecto Xacobeo 2021.

R., 2020-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES