Buscador
Noticias
Na reunión analizáronse as propostas e achegas que están a ser incluídas no Plan de reactivación á cooperación de proximidade, un documento elaborado en coordinación con todos os actores da cooperación transfronteiriza que persegue paliar o impacto do peche, durante varios meses, da fronteira entre España e Portugal por mor da crise do sanitaria da covid-19. Trátase da terceira das reunións mantidas para elaborar o Plan de reactivación na fronteira Galicia-Norte de Portugal, elaborado pola AECT da Eurorrexión. A primeira celebrouse no concello de Tomiño o pasado 18 de xuño e a segunda tivo lugar na Eurocidade Chaves-Verín o 2 de xullo. A AECT da Eurorrexión foi constituída pola Xunta de Galicia e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal para impulsar a cooperación transfronteiriza entre os dous territorios.
Atardecer no Gaiás o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura bota a andar mañá ás 21,00 horas coas composicións íntimas e vitalistas de Fon Román, ex guitarrista do coñecido grupo Los Piratas, e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas. Precisamente, o protocolo de seguridade sanitaria esixe que nesta edición haxa que reservar praza limitada a 180 persoas por concerto e con posibilidade de ser dobre para conviventes na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia, e que sexa obrigatorio acudir coa máscara de protección. Os concertos celebraranse ás 21,00 horas os xoves, do 9 de xullo ao 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social cun control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 245, deles 25 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 2 da de Ourense, 3 da de Pontevedra, 34 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 238 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.844 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 204.328.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avaliou hoxe co Comité Clínico de expertos a situación sanitaria da Comunidade, cunha atención especial á evolución na Mariña e co compromiso de seguir tomando medidas responsables e proporcionais en cada momento, co único fin de protexer aos cidadáns. A proporcionalidade obriga a limitar medidas ás zonas afectadas e os criterios obxectivos son os que fixa o Comité Clínico de acordo co Plan de brotes aprobado, subliñou o titular da Xunta tras a xuntanza, recordando que, con carácter xeral e con todas as cautelas, no conxunto de Galicia a situación segue a ser estable, manténdose a tendencia das últimas semanas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 256, deles 24 son da área da Coruña, 151 da de Lugo, 3 da de Ourense, 3 da de Pontevedra, 60 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 249 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.817 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 201.666.
O Museo de Belas Artes acollerá este outono Vestir épocas, unha exposición monográfica sobre a evolución da moda que tratará de achegar á cidadanía os usos e costumes asociados aos séculos XIX e XX poñendo en diálogo e relación as distintas vestimentas, traxes e pezas de indumentaria coa súa iconografía e a súa época.A exposición componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González Moro que abarcan 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase dunhas pezas que reflicten os actos das xentes e da sociedade da Galicia da época e que permiten establecer unha relación entre a idealización da arte e o realismo da roupa. Precisamente, a disposición das pezas da mostra realizarase a través dunha pasarela que introducirá aos visitantes nas diferentes salas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 254, deles 30 son da área da Coruña, 143 da de Lugo, 3 da de Ourense, 2 da de Pontevedra, 61 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.808 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 199.680. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
A terceira edición da BFAero adaptase á nova realidade, incentivando proxectos destinados á loita contra a covid-19. En total, seleccionaranse 7 proxectos (tres en incubación e 4 en aceleración) que disporán de servizos de titoría e mentorización, acceso ás instalacións do aeródromo de Rozas e aos equipos da Civil UAVs Initiative e asesoramento tecnolóxico de empresas tractoras líderes do sector como Indra e Babcock, ademais da posibilidade de realizar coworking e recibir formación plena. A convocatoria permanecerá aberta ata o vindeiro 22 de outubro. Con esta convocatoria ratifícase a Galicia e a Lugo como epicentros da innovación e do emprendemento no sector aeroespacial, cunha aposta decidida polo talento e pola innovación.
Un dispositivo para minimizar o contacto con superficies como pantallas informativas ou máquinas de vending, un supermercado online que mellore a experiencia de compra a través da simulación en 3D e unha aplicación para organizar feiras virtuais son os tres proxectos que resultaron seleccionados no HACKatHOME, o evento en liña no que a Xunta de Galicia xuntou durante catro xornadas a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa innovación, co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e centros tecnolóxicos, para desenvolver solucións innovadoras que dean resposta ás necesidades xeradas polo coronavirus na industria, o comercio e o emprego.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 318, deles 63 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 17 da de Ourense, 5 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 314 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.665 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 191.945.