Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085, deles 1.332 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.203 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.025 da de Santiago, e 343 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 123 permanecen en UCI, 678 están en unidades de hospitalización e 5.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.383 altas de pacientes e 405 falecementos. O número de PCR realizadas é de 53.829.
A Xunta iniciou hoxe o primeiro envío de mascarillas tanto a empresas como autonómos dos sectores que retomaron o traballo o pasado luns. Así, antes da fin de semana serán repartidas 350.000 mascarillas aos clusters e asociacións que pecharon as súas peticións no día de onte. Segundo avanzou Alfonso Rueda, a previsión é acadar o envío de preto de 2 millóns de mascarillas ao longo da semana que vén, un material que foi adquirido directamente pola Xunta de Galicia. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes de clusters galegos na que abordaron as necesidades de material do tecido produtivo.
A Xunta de Galicia vén de solicitarlle ao Goberno do Estado traballar nun marco común estatal que estableza os criterios básicos de privacidade e interoperabilidade que deben garantir as diferentes aplicacións das CCAA sobre o uso da tecnoloxía e os datos para combater superar a crise do COVID-19. Así llo trasladou esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, á Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, durante a xuntanza interterritorial convocada por este departamento para abordar as iniciativas de dixitalización relacionadas co Covid19.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.019, deles 1.280 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 1.193 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 1.029 da de Santiago, e 338 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos. O número de PCR realizadas é de 50.396.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que Galicia está a conter a pandemia e salientou que a Xunta recibiu xa 30.000 test de dobre banda que adquiriu e que permiten detectar os positivos activos e os inmunizados. “A evolución da curva está a ser boa. Podemos dicir que estamos contendo a pandemia e debemos seguir traballando co mesmo rigor”, aseverou, despois de analizar onte co comité clínico a evolución da pandemia e as perspectivas para as vindeiras semanas. Ao longo da rolda de prensa, Feijóo resaltou que o Plan de continxencia en marcha baixou do nivel 3 ao nivel 2.
O catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, xunto cos investigadores Iván Area da Universidade de Vigo e Delfim Torres da Universidade de Aveiro, concluíron no mes de febreiro un modelo matemático co que abordar a evolución da COVID-19 e que prevía que o punto de inflexión da epidemia en Galicia se rexistraría durante a primeira semana de abril, tal e como finalmente sucedeu. Este equipo ao que tamén se sumaron o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, así como Luís Seoane do CSIC, continúa coas súas análises e suxire empregar unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para determinar o alcance real dunha pandemia da que, afirman, "comeza a verse a luz ao final do túnel".
Anunciouse hoxe a creación da rede “Mercaproximidade”, unha canle alternativa de comercialización creada pola Xunta e concibida para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor do peche da hostalaría e os mercados municipais durante a emerxencia sanitaria. A orde vén culminar as xuntanzas por videoconferencia que mantivo nos últimos días o conselleiro do Medio Rural, José González, tanto coas organizacións profesionais agrarias galegas con representación no Consello Agrario como coas grandes cadeas de distribución que operan en Galicia e que xa se sumaron á iniciativa. Ademais, a iniciativa segue aberta a aquelas cadeas que desexen sumarse a ela.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.973, deles 1.271 son da área da Coruña, 590 da de Lugo, 1.187 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.077 da área de Vigo, 1.007 da de Santiago, e 337 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 falecementos. O número de PCR realizadas é de 48.337.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago, e 338 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos. O número de PCR realizadas é de 46.110.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión con representantes de AJE Galicia e das súas principais delegacións dentro da rolda permanente de contactos que o Goberno autonómico está realizando cos principais axentes económicos e sociais para dar respostas áxiles, eficientes e consensuadas ante o escenario actual. Entre outros asuntos, durante a videoconferencia, abordouse o retorno hoxe á actividade dos sectores non esenciais. Neste sentido, a Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou unha nova guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus co obxectivo de garantir a saúde das persoas traballadoras.
« Anterior | 5  de  8 | Siguiente »

Archivo

2025 (275)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES